Sotomayor, ducado de
Título nobiliario outorgado por Filipe V a Fernán Yáñez de Soutomaior e Lima , herdeiro da liñaxe dos Sotomayor, en 1703. O título pasou á súa irmá, ao seu sobriño e aos descendentes deste ata Ignacio Jaime de Sotomayor y Margens de Nin Masons y Lima , V duque de Sotomayor, que en 1795 perdeu os dereitos sobre os bens e a fortaleza dos Sotomayor (que pasaron a mans de Benito Fernando Correa de Sotomayor), ao reabrirse un preito de 1773 polo que Payo Correa de Sotomayor pedira os dereitos de sucesión. O título herdouno María Ana Nin Zatrillas Sotomayor y Lima , irmá de Ignacio Jaime, e á súa morte aos seus descendentes ata chegar a Ignacio Martínez de Irujo y Artazcoz , VI marqués da Casa Irujo, que en 1959 se converteu en X duque de Sotomayor e grande de España.