Sotomayor, Antonio de

Sotomayor, Antonio de

Relixioso dominicano. Ordenouse no convento de San Esteban de Salamanca, do que foi prior, como tamén dos conventos de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, e de San Pedro Mártir, en Toledo. Cualificador do Consejo Supremo de la Inquisición, Filipe III nomeouno confesor do príncipe herdeiro e dos infantes Carlos e Fernando. Máis tarde tamén o foi de Filipe IV, a súa muller e os seus fillos. Estes monarcas outorgáronlle os cargos de comisario xeral da Cruzada, inquisidor xeral de España, abade das colexiatas de Santander e Alcalá la Real, e conselleiro de Estado e de Guerra do arcebispo de Damasco. Interveu para que Filipe IV devolvera a Galicia o voto en Cortes. Publicou Expurgatorium librorum novum (1640) e un Editum, en que resumiu as leis e as constitucións dos pontífices sobre o Santo Oficio.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Valença

  • Deceso

    Lugar : Madrid