"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista sobre o mundo do motor publicada en Teo a partir de 1996. Dirixida por Xurxo Sobrino, está redactada exclusivamente en galego. Cunha periodicidade mensual, distribuíuse de balde por toda a comarca de Santiago cunha tirada de 7.000 exemplares.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Christopher Caudwell, desde 1931 conseguiu recoñecemento como autor de novelas policiais e de narracións ambientadas no mundo da aviación. Nos seus poemas obsérvase a influencia de T. S. Eliot. Escribiu The Perfect Alibi (1934), This my Hand (1936), Illusion and Reality (1937), Studies in a Dying Culture (1938) e Poems (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación, nunha partitura, para que as notas se interpreten por separado unhas das outras, por oposición ao legato.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán, pai de K. P. Stamitz. En 1745 converteuse en kapellmeister da corte de Mannheim, o que lle permitiu experimentar novos efectos sonoros que foron o estilo característico da escola de Mannheim. Compuxo sinfonías, un concerto para clarinete, música de cámara e outras pezas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles. Fundada en 1903 por R. W. Maudslay, pechou en 1965.
-
VER O DETALLE DO TERMO
John Rowlands.
-
PERSOEIRO
Feminista. Casada co abolicionista Henry Brewster Stanton (1840), en colaboración con Susan B. Anthony escribiu The Revolution (1868-1870), e con Matilde Gage The History of Woman Suffrage (1881-1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Coñecida como Gertrude Käsebier, estudou pintura en Nova York e química en Alemaña. En 1897 abriu un estudo en Nova York. Primeira muller elixida polo grupo pictorialista Linked Ring, foi unha das fundadoras do grupo Photo-Secession. Da súa obra destacan as imaxes familiares pouco convencionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
número de Margoulis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración dos niveis de enerxía dun átomo que se atopa baixo o efecto dun campo eléctrico exterior.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Doutor en Medicina e oficial de sanidade ata a Segunda Guerra Mundial, estableceuse como retratista en 1947. Foi profesor de fotografía en Sarrebuck (1948) e Essen (1959), e fundou o grupo Fotoform (1949), co que fomentou a “fotografía subxectiva”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conduto excretor da glándula parótide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de protozoos ciliados, da orde dos heterótricos, co corpo en forma de copa alongada, de ata 4 mm. Son moi contráctiles e abundan nas augas doces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno cúmulo de galaxias da constelación de Pegaso. Está composto por cinco galaxias de grandes dimensións, das que dúas son elípticas, dúas espirais regulares e a quinta unha espiral cerrada.
-
PERSOEIRO
Xinecólogo inglés. Participou con R.G. Edwards no proceso de reprodución asistida que deu como resultado o nacemento do primeiro “bebé probeta” o 25 de xullo de 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán naturalizado estadounidense. Foi profesor nas universidades de Zúric, Hamburgo e no Instituto Carnegie de Pittsburgh. En 1943 recibiu o Premio Nobel de Física, polos seus traballos sobre a velocidade das moléculas gasosas, fotóns e ondas asociadas ás partículas pesadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento que foi efectuado por O. Stern e W. Gerlach en 1922, que confirmou a cuantificación do espazo e fixo posible a medición dos momentos magnéticos dos átomos neutros no estado fundamental. Observaron que, ao pasar un feixe de átomos de prata a través dun campo magnético non uniforme, este se divíde en dúas compoñentes: unha na dirección e no sentido do campo magnético e outra na oposta. A técnica deste experimento foi ampliada por Rabi en 1939.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade óptica dos conos da retina de percibir máis intensamente a luz que incide frontalmente sobre eles polo centro da pupila, ca a que penetra polos bordos.
-
-
Cantidade dunha mercadoría que hai almacenada.
-
olume de primeiras materias e de produtos acabados de que dispón unha empresa nun momento determinado. Para a fixación da súa magnitude, cabe considerar as necesidades da súa rotación, é dicir, a periodización da entrada das materias primas no proceso produtivo e da distribución do produto.
-
Cantidade de moeda existente nun país nun momento determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Keanth, Inglaterra 1165 - Bordeos 1265) Relixioso. Eremita, foi sexto xeneral (1245) e conseguiu de Inocencio IV a aprobación da orde carmelitana dentro dos mendicantes. O seu nome está moi ligado á devoción do escapulario, froito dunhas aparicións que aconteceron en 1245. A súa festividade celébrase o 16 de maio.