"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

    1. Relativo ou pertencente ao Cairo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Cairo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar un calabrote a partir de varios cabos.

    2. Reforzar con calabrotes as amarras dun barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior da bóveda cranial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior da cheminea, normalmente con forma parecida á dunha campá, situada enriba dunha lareira ou sobre uns fogóns, que ten a función de recoller os gases ou o fume producidos na cociña.

      1. Trabe de madeira que soporta a parede fronteira da cheminea.

      2. Bordo inferior que sobresae desa peza e que adoita empregarse como andel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vara do paraugas’.

    2. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barba’.

    3. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘barba’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barbería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta pregable que teñen algúns automóbiles e carruaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer un avión chocando coa parte dianteira na terra e dando a volta verticalmente.

    2. Dar media volta de campá un vehículo automóbil quedando co teito a rentes do chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de capotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos/Carolina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de México, filla do rei de Bélxica Leopoldo I. Casou en 1857 co arquiduque Maximiliano de Austria, quen se proclamou emperador de México coa axuda de Napoleón III no 1864. Dous anos despois viaxou por Europa na procura de axuda para o seu home, o Emperador Maximiliano, en loita contra os republicanos. Non obstante , debido aos infrutuosos resultados da súa viaxe, Maximiliano morreu fusilado en México, feito que motivou a súa reclusión voluntaria nun castelo belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao SO da capital, no límite coa provincia de Sevilla (10.023 h [1996]). Pasan pola localidade os regos Guadalmazán, Adelfa e Garabato, que unha vez reunidos forman un afluente do Guadalquivir. A agricultura é de secaño, principalmente cereais e oliveiras, e destacan as industrias alimentarias derivadas destes cultivos e o traballo de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral das parroquias de San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota, no concello homónimo, que se estende entre a punta de Caldebarcos, ao N, e a Punta Sarsas, ao S. O areal, o maior de Galicia, cun arco de 7 km de lonxitude, pecha no seu interior un complexo sistema de marismas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Columba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Muros, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Dumbría (comarca de Fisterra) e Mazaricos (Xallas), ao S co de Muros (Muros) e o Océano Atlántico, ao L con Muros e Mazaricos(Xallas) e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 70,9 km 2 cunha poboación de 5.017 h (2007), distribuídos nas parroquias de Lariño, Lira, O Pindo, San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota. A capital municipal, a vila de Carnota, situada na parroquia de Santa Columba, está a 42° 49’ 20’’ de latitude N e 9° 5’ 20’’ de lonxitude O, 130 km ao SO da Coruña e 88 km ao O de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Muros e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O termo municipal está situado baixo o dominio climático oceánico húmido e pertence ao subtipo galego do litoral atlántico do NO, caracterizado pola notable suavidade térmica e por precipitacións abondosas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bimensual que apareceu na vila de Carnota en outubro de 1983 e que se deixou de editar en 1986 (nº 16). Levou o subtítulo de “Boletín informativo do Concello”. O primeiro exemplar saíu baixo o título de Cornatum co número 0. O coordinador foi Xosé Manoel Currás Rúa e entre os colaboradores figuran Francisco Carballo, Manoel Villar, Ramón Noceda, Darío Xohán Cabana, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, A. Avilés de Taramancos e Fernán-Vello, entre outros. Das seccións do boletín destacan: “Temas do Concello”, “Cousas”, “Opinión”, “Saúde” e “Nenos”. Incluía tamén un apartado especial dedicado á historia do concello da autoría de Barreiro Barral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou a finais do s XIX o xornal coruñés El Noroeste. Foi redactor xefe do Diario de Galicia (1895), director (1896) do xornal conservador La Monarquía de Ferrol e redactor de La Voz de Galicia ata 1910. Ordenouse sacerdote en 1912 e foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega, concretamente, pola obra de Noriega Varela e Rey Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construído entre 1768 e 1783 polo canteiro Domingo Quintela, está situado xunto á casa rectoral. Ten 35 m de lonxitude polo que é un dos hórreos, xunto co de Lira, máis longos de Galicia, e está sostido por 22 pares de pés rematados en tornarratos circulares. Está situado xunto á casa rectoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Carnota ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO