"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • Aliaxe de aluminio cun contido do 0,5 ao 10% de magnesio. A presenza de Mg aumenta a dureza, a tenacidade e a resistencia á tracción, ao tempo que diminúe o peso específico. Emprégase na construción aeronáutica e de automóbiles e na industria química e da alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Estudiou as enfermidades mentais, o alcoholismo e a epilepsia. Destacan as súas obras Étude expérimentale et clinique sur l’alcoolisme (1871), Recherches sur les centres nerveux (1876) e Traité sur les maladies mentales (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Personificou un tipo de muller popular en personaxes vitais e expresivos. Da súa filmogafía destacan Roma, città aperta (1945), Bellissima (1951), La carrosse d’or (1952), The Rose Tattoo (1995, Oscar á mellor actriz, 1956), Mamma Roma (1962), The secret of Santa Vittoria (1969) e L´Automobile (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de magnánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou demostra bos sentimentos.

    2. Que tende a perdoar e entender os erros dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Pasou a maioría da súa vida artística en Milán. Na súa pintura destaca o dramatismo e tenebrismo, con ruínas poboadas por pequenos personaxes como xitanos, monxes ou bruxas, executados cunha pincelada breve e brillante. Realizou as catro escenas do convento (1711-1735), hoxe abadía de Seitenstetten e O refectorio dos frailes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Señor feudal ou nobre da máis alta categoría e vasalo directo do soberano. OBS: Tamén se denomina prócer, nobre, barón, maioral, magnate da terra ou rico-home.

    2. Persoa importante de rango social elevado e poderosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Pertenceu á escola de París e iniciou a arte concreta xunto con H. Hartung. Cultivou un tipo de composición de formas xeométricas en que creou obras de cheos e baleiros que mesturaban a cor e o volume, xunto cunha modulación de planos e bultos. Pintou as series Explosioni liriche (1917-1918) e Pierres (1931-1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do Imperio Romano de Occidente (350-353). Xeneral de orixe xermánica ao servizo do Emperador Constante I, participou na conxura que levou ao seu asasinato e foi proclamado emperador en Autun. Estendeu a súa autoridade ás provincias occidentais, pero foi derrotado por Constancio II, emperador de Oriente, en Mursa (Panonia) e na Galia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. óxido de magnesio.

      1. Carbonato básico de magnesio que se emprega como catártico.

      2. magnesia efervescente

        Mestura de carbonato de magnesio, bicarbonato sódico e ácido cítrico ou tartárico que, unha vez metido en auga, produce unha efervescencia por reacción do bicarbonato co ácido. É un laxante suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Tessalia, Grecia (2.636 km2; 198.434 h [1991]). A capital é Vólos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión montañosa de Grecia que comprendía a parte oriental de Tessalia, a carón do Mar Exeo, desde o río Peneo ata o golfo de Pagases. As principais cidades eran Melibea, Boibe e Pagases. Os magnesios foron sometidos pola dinastía tessalia de Feres e máis tarde polos macedonios (s IV a C). Demetrio I de Macedonia o Poliorcetes fundou a nova cidade de Demetríada (293 a C), que foi unha poderosa praza forte dos macedonios ata que caeu en mans dos romanos (197 a C). Aliados coa Liga Etolia (191 a C) foron sometidos polos romanos en 168 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Caria, a carón do río Leteo, afluente do Meandro. Fundada polos magnesios de Tessalia, foi conquistada polos persas en 530 a C. Despois da loita entre os diáconos no s III a C, manifestou a súa fidelidade a Roma e foi declarada cidade libre por L. C. Sula. Entre as súas ruínas destacan as dun templo construído na época helenística por Hermóxenes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada en Magnesia en 190 -189 a C entre os romanos e Antíoco III de Siria. Os romanos conseguiron romper a liña defensiva dos seléucidas grazas á axuda do seu aliado Eumenes II de Pérgamo e tamén a superioridade dos seus lexionarios sobre as falanxes de Antíoco. Este retirouse a Apamea e perdeu o dominio de Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á magnesia.

    2. Que contén magnesia.

    3. magnésico.

    4. Disolución que se emprega en análises para a identificación de fosfatos e de arseniatos. Está constituída por 10 g de MgCl 2 ·6H 2 O, 10 g de NH 4 Cl e 70 g de amoníaco ao 10% en 150 ml de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao magnesio.

    2. Que contén magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mineral ou á rocha que contén magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Elemento metálico que pertence á familia dos alcalinotérreos, situado no grupo II A da táboa periódica, entre o berilio e o calcio, e peso atómico 24,305. É un elemento de transición entre os metais alcalinotérreos e os alcalinos, que ten número de valencia +2. Forma o ión Mg +2 , e pode producir sales dobres ou triples. É de cor abrancazada, moi dúctil e maleable, e non se atopa en estado libre, pero os seus compostos ocupan o oitavo lugar en abundancia da litosfera. Tamén existe en augas minerais, en forma de sulfato, cloruro ou carbonato, e nos tecidos animais. É un axente redutor forte, reacciona cos ácidos con liberación de hidróxeno e o método de obtención máis empregado é o da electrólise do seu cloruro derretido ou do seu óxido. É un elemento importante na glicólise muscular (activación do ATP), no proceso de osificación e no mecanismo de excitabilidade neuromuscular. Emprégase en pirotecnia, na obtención dos compostos de Grignard, como o constituínte das bombas incendiarias...

    2. Sólido en forma de cristais delicuescentes, que se obtén coma produto secundario na extracción do KCL. Emprégase nos extintores de incendios e, en medicina, como laxante.

    3. Sólido en forma de pos brancos moi lixeiros e inodoros, que se obtén como resultado da combustión do magnesio ou por calcinación do seu hidróxido ou carbonato. Emprégase como material refractario e, en medicina, como antiácido e laxante.

    4. Sólido en forma de pos ou cristais eflorescentes, dun sabor amargo e refrescante, que se obtén por tratamento do carbonato de magnesio con ácido sulfúrico. Cos sulfatos alcalinos e o sulfato amónico forma sulfatos dobres que cristalizan con seis moléculas de auga: M 1 2 Mg(SO4)2·6H 2 O. Emprégase na fabricación da illantes térmicos, e en medicina como colagogo e catártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de magnesio, de fórmula MgCO3 que cristaliza no sistema romboédrico e se presenta en masas de gran groso moi compacto. É incolora ou branca, ten dureza 4 e densidade 3. Na magnesita o magnesio pode ser substituído, en proporción variable, por ferro, o que dá lugar a unha serie completa que chega ata a siderita. Emprégase para fabricar ladrillos refractarios, cimentos e pavimentos, e para preparar compostos de magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao imán ou ao magnetismo.

      2. Que posúe as propiedades dun imán.

    1. Que ten ou exerce unha grande influencia ou atracción sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO