magnesita

magnesita

(< magnesia)

s f [MINERAL]

Carbonato de magnesio, de fórmula MgCO3 que cristaliza no sistema romboédrico e se presenta en masas de gran groso moi compacto. É incolora ou branca, ten dureza 4 e densidade 3. Na magnesita o magnesio pode ser substituído, en proporción variable, por ferro, o que dá lugar a unha serie completa que chega ata a siderita. Emprégase para fabricar ladrillos refractarios, cimentos e pavimentos, e para preparar compostos de magnesio.

Sinónimos