magnetita

magnetita

(< lat magnēte < gr μάγνης-ετος)

s f [MINERAL]

Óxido ferroso e férrico, de fórmula Fe3O4 que cristaliza no sistema cúbico, xeralmente octaédrico ou rombododecaédrico, pero ás veces preséntase en masas de gran groso ou fino. É opaca, de cor negra e ten unha dureza 5,5-6,5 e unha densidade 5,2. É altamente magnética, un mineral abundante e unha mina importante do ferro. OBS:Tamén se denomina pedra imán.