magnetismo
(< lat magnēte)
-
-
s
m
[FÍS]
Forza de atracción dun imán.
-
s
m
[FÍS]
Conxunto de fenómenos de atracción e repulsión que producen os imáns ou as correntes eléctricas.
-
s
m
[FÍS]
Parte da física que estudia as propiedades dos campos magnéticos e as interaccións entre os imáns. O seu obxecto de estudo limítase ao dos imáns desde que en 1819 H. C. Ørsted demostrou que existía unha relación entre os fenómenos eléctricos e os magnéticos. M. Faraday e J. Henry concretaron esta relación, e foi J. C. Maxwell quen o expuso, aínda que as súas ecuacións só describen o comportamento macroscópico das substancias eléctricas e magnéticas. En 1852 W. Weber propuxo que o magnetismo tiña relación coa estrutura íntima da materia, o que foi interpretado despois por P. Langevin e P. Weiss, ata que se admitiu que é unha propiedade de natureza atómica ou subatómica, debido a que os átomos ou ións presentan momentos magnéticos non nulos. Segundo a orientación dos momentos magnéticos, fálase de diamagnetismo, paramagnetismo, ferromagnetismo, ferrimagnetismo e antiferromagnetismo.
-
magnetismo remanente
[FÍS]
Magnetismo que queda nunha substancia magnética ao ser suprimida a excitación magnética.
-
magnetismo terrestre
[XEOL]
Conxunto de fenómenos relacionados co comportamento magnético do globo terrestre.
Sinónimos: xeomagnetismo.
-
s
m
[FÍS]
-
-
s
m
Atracción que unha persoa ou cousa exerce sobre outra.
Ex: O magnetismo daquel momento fixo que se namoraran.
-
magnetismo animal
[PSIC]
Acción que unha persoa exerce sobre outra nunhas determinadas condicións e que producen fenómenos de suxestión e de hipnotismo.
-
s
m