xeomagnetismo

xeomagnetismo

(< xeo- + magnetismo)

  1. s m [XEOL]

    Estudo dos fenómenos relativos ás propiedades magnéticas da Terra. Desde o s XIX, con Gauss, sóubose que a Terra se comporta como unha gran dínamo e que a parte máis interna, de natureza metálica, se transformou nun grande imán pola indución das correntes eléctricas existentes nas zonas periféricas. Na Terra existen dous campos magnéticos diferentes, un interno permanente e un externo moi variable. As variacións dos polos magnéticos ao longo da historia da Terra proporcionan datos moi importantes para o estudo da evolución do planeta, sendo estudados polo paleomagnetismo.

  2. s m [XEOL]

    magnetismo terrestre.

Palabras veciñas

xeoloxía | xeolóxico -ca | xeomagnético | xeomagnetismo | xeomancia | xeomante | xeomántico -ca