"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Personaxe que segundo a tradición foi un persa cristián prendido polos romanos e conducido a Roma xunto con Senén contra o ano 247. Acusado de dar sepultura aos cristiáns executados, non renegou da súa fe, morrendo no 250 durante a persecución do Emperador Decio. Patrón dos labregos e protector das enfermidades da vista. A súa festa celébrase o 30 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tunku (príncipe) e político malaisiano. Ministro de Asuntos Exteriores da Federación de Malaisia (1957-1963) e Xefe do Goberno de Malaisia (1963-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano hachemita da Transxordania (1921-1951) deposto como Rei de Iraq en favor do seu irmán (1921) e nomeado polos británicos Emir da Transxordania (1923-1946). Durante a Segunda Guerra Mundial solicitou aos países islámicos o apoio ao bando dos aliados. Proclamado Rei de Xordania despois de que Gran Bretaña lle outorgara a independencia (1946), trocou o nome polo de Reino Hachemita de Xordania. Acusado por membros da Liga Árabe de aceptar a existencia do estado de Israel e a repartición de Palestina, morreu asasinado por terroristas palestinos. Sucedeuno o seu fillo, Talāl I de Xordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monarca do Reino de Xordania (1999). Neto de Abdullah I, iniciador da dinastía hachemita, converteuse no seu cuarto monarca ao suceder ao seu pai Hussein I ao finar este en xaneiro do 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diócese de Lugo que inclúe as parroquias dos concellos de Melide, Toques e Santiso así como as de Figueiroa, Rendal e Vilantime do concello de Arzúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual de medicina, cirurxía, química, farmacia e ciencias físicas e naturais, publicada en Barcelona entre 1846 e 1853. Estivo dirixida polos médicos F. Arró e J. Alberich e polo farmacéutico F. Domènech i Maranges.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta a forma ou a cor da abelá.

    2. Designa o que está engurrado e enxoito coma unha abelá seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintor compostelán que viviu entre os séculos XVI e XVII. Ten actividade documentada en Ourense, segundo consta nos Protocolos do Arquivo Notarial de Ourense dos escribáns Francisco Fernández e Juan Prezado de 1598 e 1599. Traballou acotío como dourador e pintor xunto co escultor Francisco de Moure e o entallador Alonso Martínez. Entre outras obras pintou unha escultura de san Roque e un retablo de Francisco Moure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e tradutor. Coñécense as súas edicións: Infierno e Iluminaciones, de Arthur Rimbaud, Alcoholes, de Guillaume Apollinaire e La heredad de las palabras, de Claude Esteban. Como poeta, ten publicado: Umbral del centinela, La piel iluminada, Identidades e Diez motivos para un obsequio. Como narrador publicou: Las aventuras de Nunnavut, la niña esquimal: El nacimiento de Nunnavut, Un día de caza, El caribú enamorado. Traduciu tamén biografías de Carson McCullers, Dylan Thomas, Artemisia Gentileschi e Cesária Évora, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña. En 1908 recibiu unha bolsa do concello da Coruña para a Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e ampliou estudios na Academia de España en Roma (1914), dirixida por Eduardo Chicharro. Membro Correspondente da Real Academia Galega (1946). O coñecemento do mundo clásico afirmou e consolidou a súa idea conservadora da arte. Unha segunda bolsa da Deputación da Coruña (1930), permitiulle volver a Italia e visitar museos e exposicións en Bélxica. Participante nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, obtivo a terceira medalla coa paisaxe Mañá de outubro desde o meu estudo (1943). A súa pintura caracterízase polo rexeitamento tanto das correntes de vangarda como da tradición, quedando nun termo medio. A súa formación en Madrid da man do academicista José Moreno Carbonero e do paisaxista valenciano Antonio Muñoz Degrain, así como do mencionado Eduardo Chicharro, explica o seu rexeitamento das vangardas, o seu dominio do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilízase na teoría de estruturas alxebraicas como equivalente de commutativo e aplícase a partir de Jacobi ás funcións introducidas por Niels Henrik Abel na análise matemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor.
    Estudou Teoloxía e Filosofía e Ciencias da Educación. Dende 1982 é profesor de Filosofía no Instituto de Ponteceso. A súa produción literaria, que asina co nome de Xelucho, está dirixida maioritariamente a un público infantil e xuvenil e comprende Gundar e o cabalo de oito patas (1991), A cidade maldita (1991), Perdido, relato recollido no volume Aí está o conto (1993) e As aventuras de Pelusa (1998). A estes hai que engadir o libro de relatos A ermida do diaño (1998), dirixido a un público máis adulto e Fuxiron por mar (2017). 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor de principios do s XX que deu ao prelo Carta abierta al Sr. D. Manuel Murguía impugnando la fundación de la Academia del dialecto gallego, y dedicada al Sr. Martín Echegaray (Bos Aires, 1907); Carta abierta del innominado Santiago Abella al esclarecido académico y secretario de la Real Gallega don Eugenio Carré Aldao impugnando su fundación y objetándole su discurso del Ateneo (Bos Aires, 1909); Disertaciones de un estoico (Santiago de Compostela, 1910), Notas de un viaje a Palestina (Santiago de Compostela, 1910) e La villa de Noya. Su historia, su topografía, sus monumentos y sus hombres ilustres (Bos Aires, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    En-saísta castelán. Autor, entre outras obras, de Ortega y Gasset en la filosofía española (1966); Sociología del 98 (1973) e Panorama de la filosofía española actual (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO