"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • GALICIA

    Médico neurólogo. Profesor titular de Patoloxía e Clínica Médicas da Universidade de Santiago de Compostela, fundou a Sociedade Galega de Neuroloxía. Académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politóloga e política. Doutora en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e máster en Ciencia Política pola Ohio State University, é catedrática de Ciencia Política na Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED). Especialista en partidos políticos e comportamento electoral, foi directora da Nueva Revista de Política, Cultura y Arte e do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS). O 27 de abril do 2000 foi nomeada ministra de Educación, Cultura e Deporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, historiador e crítico da arte. Discípulo de Pere Bosch i Gimpera, foi catedrático de Historia da Universitat Autònoma de Barcelona, na que ocupou o cargo de secretario entre 1933 e 1939, e catedrático de Historia Universal na Universitat de Barcelona en 1942. Fundou e dirixiu o Museo de Tossa en 1935 e foi conservador do Museu Arqueològic de Barcelona entre 1931 e 1950. Na súa obra La cultura del vaso campaniforme: su origen y su extensión en Europa (1928), analiza o fenómeno campaniforme dende unha óptica europea. Outras obras súas son Cronología del vaso campaniforme en la Península Ibérica (1943) e José María Sert (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran cavidade situada no pico do mesmo nome en Puente Viesgo (Santander) que contén algunhas das máis notables mostras de arte rupestre franco-cantábrica. Foi descuberta en 1903 por H. Alcalde del Río e escavada entre 1910 e 1914 por Hugo Obermaier; nela recuperáronse utensilios do período Paleolítico. As pinturas representan mans en negativo, bisontes, touros, cabalos e outros animais prehistóricos. Hai tamén pezas de arte mobiliar nos niveis magdalenienses, como as omoplatas con cabezas de cervos gravadas e un bastón de mando cun cervo gravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restaurante vigués situado no monte do Castro e rexido por Manuel López Carpintero. Na súa cociña conviven os pratos tipicamente galegos con outras preparacións de influencia centroeuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libreiro e editor. En 1509 constituíu unha sociedade co impresor Cristóforo Cofman e con Llorenç Ganoto para publicar unha recompilación de obras de autores en lingua castelá dos ss XIV e XV coñecida como Cancionero general (1511).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse en Roma en 1751 e foi discípulo de Corrado Giaquinto ata 1753. Regresou a España e traballou con Mengs (1758-1764) e na fábrica de tapices de Santa Bárbara dende 1770. A súa arte intimista céntrase nos pequenos grupos dunha certa posición social, como se reflicte en Niños jugando al boliche e La bollera de la puerta de san Vicente. Realizou obras relixiosas en igrexas de Madrid, como os frescos de San Ginés. En 1785 foi nomeado membro de mérito da Real Academia de San Fernando e en 1788 vicedirector. O seu irmán Fernando del Castillo (Madrid 1740 - 1777) foi pintor na Real Fábrica de Porcelanas del Buen Retiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa infancia transcorreu no campo de concentración de Mauthausen e nun reformatorio relixioso español. Entre outras obras, é autor de Tanguy (1957), Le silence des pierres (O silencio das pedras, 1975), Le sortilège espagnol (O sortilexio español, 1977), La nuit du décret (A noite do decreto, 1981) e La gloire de Dina (A gloria de Dina, 1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político arxentino. Membro do partido conservador, foi senador entre 1932 e 1935. Ministro de Xustiza, Instrución Pública e Interior en 1936, chegou a vicepresidente do goberno en 1937, e dous anos despois accedeu á presidencia. Durante o seu mandato, coetáneo cos primeiros anos da Segunda Guerra Mundial, proclamou a neutralidade do seu país. En 1943 derrocouno un golpe militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o 27 de agosto na igrexa parroquial de San Vicente de Castillón, no concello de Pantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundente calcario constituído por carbonato cálcico impuro que contén, polo menos, dun 50 a un 56% de óxido de calcio, empregado cando o mineral que se funde é ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de castiñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Castiñeiras, concello de Ribeira, situada fronte á praia do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada e praia da beira occidental da península do Grove, no litoral da parroquia de San Vicente do Grove, concello do Grove, comprendida entre as puntas de Pateiro, ao N, e de Borreiro, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia, baixo a advocación de san Mateo, do concello de Viana do Bolo. Pertenceu durante o Antigo Réxime á xurisdición de reguengo de Viana do Bolo, e incluíuse no seu concello ao establecerse en 1835. A finais do s XIX adscribiuse á parroquia de Sever.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun topónimo que remite ao latín vulgar castanearia ‘lugar onde abundan os castiñeiros’. Documéntase no s XIII: “Lupus Castinaria” (doc ano 1227 en Ángel Rodríguez González/José Ángel Rey Caiña, “Tumbo de Lorenzana” Estudios Mindonienses 8, 1992, p 169).

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dúas bandas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO