Castillo, cova do
Castillo, cova do
Gran cavidade situada no pico do mesmo nome en Puente Viesgo (Santander) que contén algunhas das máis notables mostras de arte rupestre franco-cantábrica. Foi descuberta en 1903 por H. Alcalde del Río e escavada entre 1910 e 1914 por Hugo Obermaier; nela recuperáronse utensilios do período Paleolítico. As pinturas representan mans en negativo, bisontes, touros, cabalos e outros animais prehistóricos. Hai tamén pezas de arte mobiliar nos niveis magdalenienses, como as omoplatas con cabezas de cervos gravadas e un bastón de mando cun cervo gravado.