"Aw" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira alpina que forma o extremo oriental dos Alpes, entre Austria e Eslovenia, e constitúe unha prolongación dos Alpes Cárnicos. Separa os vales do Drava e do Sava. Atravésaa un túnel de 8 km, aberto en 1909, que une Austria con Ljubljana e Trieste por ferrocarril. Un segundo túnel, acabado en 1991, une por estrada Austria e Eslovenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Escribiu os guións de The Empire Strikes Back (1980), Raiders of the Lost Ark (1981) e Return of the Jedi (1983). Como realizador frecuentou diversos xéneros sen deixar de lado un ton persoal, como en Body Heat (1981), Silverado (1985), The Accidental Tourist (1988) ou Grand Canyon (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península occidental de India, no estado de Gujarāt. Limita ao SO co mar de Arabia, ao NO co golfo de Kutch e o SL co golfo de Jāmbhat. Abrangue unha superficie de 59.570 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista xaponés. Adquiriu notoriedade coa narración Izu no odoriko (O bailarín de Izu, 1925). Posteriormente, destacaron Yugikuni (País de neve, 1937) e Sembarazu (Mil cigoñas, 1949). Nas obras posteriores a 1945 xa non hai pegadas da súa inclinación inicial cara ao neoimpresionismo. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón,situada ao S da conurbación de Osaka (110.570 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón, situada ao NO de Toquio (327.211 h [1997]). A súa economía baséase na industria téxtil e da seda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón, situada ao NO de Toquio (452.155 [1997]). A súa economía baséase na industria téxtil e siderúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Meticuloso e preocupado pola caracterización e a atmosfera, foi premiado no festival de Cannes (1961) por Matka Joanna od Aniolow (Madre Joanna dos Anxos). Dirixiu Pociag (Tren de noite, 1959), Faraon (1964-1965), Smiers Prezydente (A morte do presidente, 1978), Austeria (1983) e Bronsteins Kinder (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome bantú do río Cuang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Hyogō, na illa de Honshū, Xapón, situada na beira O do río Ina (141.280 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón (1.217.359 h [1997]). É un gran núcleo industrial e un activo porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Omaha, Nebraska 14.9.1920) Economista estadounidense. Discípulo de Anthony Samuelson, en 1980 recibiu o Premio Nobel de Economía pola súa contribución á construción e difusión de modelos econométricos. Das súas obras destacan The Keynesian Revolution (1947), The Economics of Supply and Demand (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (17.970 km2; 2.099.724 h [estim 2000]). A súa capital é Bydgoszcz/Toruń.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toquio 1910 - 1998) Guionista e director cine. Foi un excelente director de actores e posuía un profundo coñecemento da linguaxe cinematográfica. En 1951 foi premiado no festival de Venecia por Rashō-mon, e en 1954 e 1965 por Shichinin no samurai (Os sete samurais) e Akahige, respectivamente. Outros filmes importantes seus son Donzoko (Os baixos fondos, 1958), Dersu Uzala (1975), Ran (1984), Dreams (1990) ou Rapsodie August (1991). En 1990 recibiu un Oscar honorífico polo conxunto da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, primeiro conde de Ellenborough. Foi administrador colonial e gobernador xeral de India (1841-1844), onde restableceu a situación militar que comprometera a Primeira Guerra Afgana (1838-1842) e comezou a guerra con Gwalior. A Compañía das Indias fíxoo retornar (1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e financeiro escocés. Despois da morte de Luís XIV (1715), foi nomeado superintendente de finanzas en Francia, fundou a Banque Royale, unha especie de Banco Central co privilexio de emitir moeda, e a Compañía de Occidente, máis tarde Compañía das Indias (1717). O incremento na especulación provocou a quebra do sistema en 1720. Nas súas obras, especialmente en Treatise on Money and Commerce (1706), elaborou unha teoría subxectiva do valor do diñeiro e reformulou as leis da oferta e a demanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo inglés. O seu Serious Call to a Devout and Holy Life (1728) mantívose vixente dentro da High Church anglicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto do estado de Massachusetts, EE UU (70.207 h [1990]). Situada á beira do río Merimack, é un dos grandes centros mundiais da industria da la.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Thomas Edward Lawrence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1962. Foi dirixida por David Lean e interpretada por Peter O’Toole, Omar Sharif, sir Alec Guinness e José Ferrer, entre outros. Esta película destaca pola calidade das súas imaxes, polo seu coidado guión e, principalmente, pola interpretación dos seus actores, cunha mención relevante para o papel protagonista de Peter O’Toole. Tamén destaca a súa música, que xa figura como unha das bandas sonoras fundamentais da historia do cine. Obtivo sete Oscar, entre eles o Oscar á mellor película.

    VER O DETALLE DO TERMO