Law, John

Law, John

Economista e financeiro escocés. Despois da morte de Luís XIV (1715), foi nomeado superintendente de finanzas en Francia, fundou a Banque Royale, unha especie de Banco Central co privilexio de emitir moeda, e a Compañía de Occidente, máis tarde Compañía das Indias (1717). O incremento na especulación provocou a quebra do sistema en 1720. Nas súas obras, especialmente en Treatise on Money and Commerce (1706), elaborou unha teoría subxectiva do valor do diñeiro e reformulou as leis da oferta e a demanda.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Edimburgo

  • Deceso

    Lugar : Venecia