"Bell" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 211.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, na comarca de Urgell (2.161 h [1996]). Comprende o curso baixo do río Corb, afluente do Segre. O regadío, que utiliza diversas canles, ocupa a maior parte do termo, dedicado ao cultivo de cereais, forraxe e árbores froiteiras. Tamén é importante a gandería, principalmente a bovina, especializado na produción leiteira. Logo de ser conquistada aos musulmáns, a vila pasou a pertencer ao condado de Urgell. Á saída do pobo, no camiño de Balaguer, está o santuario e antigo convento trinitario de Les Sogues.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alxeriano. Membro do exercito francés durante a Segunda Guerra Mundial, participou na campaña de Italia en 1943. En 1945 volveu a Alxeria onde fundou, dentro do movemento nacionalista, a organización armada OAS. En 1950 foi detido e encarcerado, e en 1952 fuxiu ao Cairo, onde organizou a Front de Libération Nationale (FLN), fundada despois da insurreción do 1954. Foi detido e encarcerado novamente polas autoridades francesas entre 1956 e 1962, cando se asinou o Acordo de Évian. En 1962, trala independencia de Alxeria, converteuse no seu primeiro xefe de goberno. Posteriormente, en 1963, foi elixido Presidente da República de Alxeria e, en 1964, secretario xeral da FLN. Orientou a súa política cara á instauración dun socialismo adaptado ás peculiaridades nacionais; así, durante o seu mandato nacionalizou a maioría dos latifundios co obxecto de realizar unha profunda reforma agraria. Non obstante , o seu goberno foi bastante autoritario e personalista, feito que provocou o golpe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ourense. As súas armas levan, en campo de azul, unha buxaina. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Besbellar e Bembella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Larva de libélula ou doutro insecto, verme ou saltón empregado como engado na pesca fluvial.

    2. Rapaz inquieto que non para de andar dun lugar para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista venezolano. Exiliado entre 1928 e 1936 e entre 1938 e 1941 polas súas actividades contra a ditadura, foi un dos fundadores en 1941 do partido Acción Democrática e presidiu en 1945 a xunta revolucionaria que derrocou a Isaías Medina Angarita. Tralo golpe de estado de Pérez Jiménez en 1948 houbo de exiliarse novamente. Logo de restablecerse a democracia no ano 1958, foi elixido Presidente deica 1964. Neste período levou a cabo reformas moderadas e perseguiu á extrema esquerda. Fundou os xornais Orve (1936) e El País (1943), e publicou diversas obras de carácter político como Una república en venta (1937) e Venezuela, política y petróleo (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e enxeñeiro italiano. Profundamente influído por Diofante, escribiu Algebra, parte maggiore dell’aritmetica, divisa in tre libri (Álxebra, a parte maior da Aritmética, dividida en tres libros, 1572). A segunda parte sobre Xeometría consérvase pero inacabada. Utilizou os números imaxinarios e introduciu anotacións, como as parénteses. Traballou no secado das terras pantanosas de Val di Chiara (Toscana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor norteamericano. Destacou principalmente como autor dun ciclo novelístico sobre Poitesme, un reino imaxinario a través do que satiriza a sociedade moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política canadense. Estudiou ciencias políticas e leis na Universidade de Port Albernini e na London School of Economics. Membro do Progressive Conservative Party, foi elixida representante da Asemblea provincial en 1986 e da Cámara dos Comúns en 1988. En 1990 foi ministra de Xustiza e en 1993 ministra de Defensa e fiscal xeral. Ese mesmo ano converteuse en secretaria xeral do seu partido e en primeira ministra de Canadá, posto que ocupou entre febreiro e as eleccións de outubro de 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto escocés. Foi un dos introdutores do estilo palladiano en Gran Bretaña grazas á publicación do tratado Vitruvius Britannicus. Entre as súas obras destacan o Mereworth Castle de Kent (1723), versión inglesa da Rotonda de Palladio, e a reforma da Burlington House de Londres (1718-1719).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico escocés. Trátase dun dos pioneiros do cine no ámbito mundial. Traballou nas produtoras Selig e Mutual, nas que realizou máis de cincocentos traballos, aínda que a maior parte deles se perderon. Dirixiu, entre outras moitas películas: Cinderella (1911), The Spoilers (Os aleróns, 1914), The Garden of Allah (O xardín de Alá, 1917) e The Bowery Bishop (O bispo dobregado, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Automobilista inglés. Creou as veloces máquinas Bluebird, en versión terrestre e acuática. Entre 1924 e 1939 bateu nove récords mundiais de velocidade en carreiras terrestres e náuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sudafricano. Loitou no bando do xeneral Franco na Guerra Civil española, na que tamén foi correspondente do xornal londiniense The tablet. Entre as súas obras, de intención satírica e ton retórico, sobresaen Adamastor (1930) e Flowering Reeds (Xuncos floridos, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Escribiu os poemas The Pleasures of Hope (Os praceres da esperanza, 1799), Gertrude of Wyoming (1809) e Theodric (1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense. Foi director do observatorio Lick, en Mount Hamilton (1901-1930), reitor da Universidade de California en Berkeley (1923-1930) e presidente da National Academy of Sciences (1931-1935). Realizou estudios sobre as eclipses solares, a desviación da luz por efecto do campo gravitatorio solar e a velocidade radial das estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político escocés. Coñecido como sir Henry, foi deputado do partido liberal desde 1868. Como ministro de Guerra (1886 e 1892-1895) opúxose ao enfrontamento cos bóers. Sendo primeiro ministro (1905-1908), liberou as actividades sindicais da acción da xustiza mediante a Trade Disputes Act (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Comezou a súa carreira en Barcelona, onde   contactou coa nova cançò catalana. O seu repertorio incluía cantares de cego, poemas de autores como C. E. Ferreiro -por exemplo, María Soliña-, ou cantigas de Afonso X o Sabio. Deu recitais por toda a Península e en Francia. Formou parte do grupo Voces Ceibes e a finais da década dos setenta formou o grupo Doa, no que foi cantante e instrumentista. No eido teatral, compuxo a música para as pezas Entremés famoso sobre da pesca no río Miño (1973), Zardigot (1974) e Os vellos non deben de namorarse (1977). Na súa discografía destaca: Ti Galiza (1977), cos textos das cancións traducidos por vez primeira a todas as linguas oficiais de España, e Treboada (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1983, é o autor, entre outras obras, dun edificio de vivendas en Celeiro, dunha casa-pazo en Cospeito e do pavillón da Xunta de Galicia na feira Arco 90. Colaborador da revista Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), escribiu, con Xosé Luís Martínez Suárez, A Coruña 1890-1940 (1984).   En 1987 recibiu o primeiro premio do deseño da zona deportiva do casino do Carballiño e o segundo premio do deseño do Parlamento de Galicia. En 1988 foi galardoado co primeiro premio á mellor caseta de Feciga e o seu proxecto de vivendas de Ferrol foi seleccionado en 1990 no concurso European 90.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi membro fundador e profesor (dende 1973) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Estudiou na Escola d’Arquitectura de Barcelona onde traballou con Diego Bonet. As súas primeiras obras en Galicia están marcadas por un concepto racionalista da arquitectura; entre elas destaca a casa do concello da Capela (1975). Entre as obras que realizou sobresaen a casa da cultura e o mercado de Burela (1991), o edificio de servicios dos alumnos do campus da Zapateira da Universidade da Coruña (1993) e o complexo deportivo do parque de San Diego na Coruña (1997). Ademais, dirixiu os vídeos Arquitectura galega actual e Os faros galegos. En 1971 foi premiado no Concurso Nacional de Arquitectura Diputació de Castelló para a construción da casa da cultura.   En 1972 gañou o Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa e, en 1982, o primeiro premio de méritos para a remodelacion do Kiosco Afonso da Coruña, obra que realizou entre 1980 e 1984. En 1990 recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO