"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en maio de 1988 en Carballo, Lugo e Ferrol, baixo a coordinación de F. Fernández. Foi subtitulado como “Asociación dos ensinantes de Ciencias de Galicia”. Na área de montaxe figuraba o nome de P. Abraldes. Tratábase dun boletín profesional no que o sumario estaba composto por seccións como “A formación do profesorado”, “Experiencias didácticas”, “Grupos de traballo”, “Ciencia e Sociedade”, etc. A lingua utilizada era o galego e o consello de redacción estaba composto por Manuel Alonso Mougán, Antón Castelo, Santaballa, Manuel Lamelo Iglesias, Xosé Vázquez Tato e Luís Cachafeiro Chamosa, entre outros. A periodicidade era irregular, cunha media de dous boletíns cada ano, que abanguían as áreas de Matemáticas, Informática, Astronomía, Electricidade, Medio Ambiente, Física, Xeoloxía, etc. No ano 1997 introduciuse un caderniño central titulado “Fondo de publicacións da ENCIGA”, no que se informaba do material dispoñible na asociación: revistas, actas, manuais, etc. Editaban...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu no ano 1932 na cidade de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Ourense a mediados do século XIX. O seu redactor foi Manuel Santos Placer, mentres que a súa edición corría a cargo da imprenta de Pedro Lozano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu a finais de 1920 na Coruña. Estaba ao servizo da “Asociación Regional Hispanoamericana”. Era unha publicación orientada ao comercio entre España e América, e nun principio non tiña un contido literario. No ano 1921 foi substituída por América Galicia. A evolución desta publicación ata que se fixa o nome de Alfar foi a seguinte: Boletín de Casa América-Galicia (1920), América Galicia (1921), Revista de Casa América-Galicia (1922), Alfar (1923), Alfar (Montevideo, 1929) e Alfar (edición facsímil, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra que apareceu en decembro do ano 1933 e rematou a súa primeira etapa en xuño de 1936. De periodicidade trimestral, este boletín era o voceiro da Inspección Provincial de Primeiro Ensino. Nas súas páxinas informábase de diversos aspectos do ensino (situación escolar, innovación e reforma pedagóxica promovidas dende a inspección pontevedresa, situación do profesorado, empresas de formación, etc). Defendía unha política republicana no eido da renovación pedagóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do Maxisterio que apareceu en Lugo no ano 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado pola Inspección Provincial de Ensino Primario que apareceu no ano 1934 na cidade da Coruña e que cesou no ano 1936. Subtitulada como “Órgano oficial de la Primera Enseñanza de la provincia”, esta publicación era coñecida tamén como “Publicación del Magisterio”. Proporcionaba información sobre normativas educativas, nomeamentos de mestres interinos, actividades que realizaban os colexios da comarca, etc. Tiña unha sección chamada “Galería de Educadores” e no número 5-6 de xaneiro e febreiro de 1935 reproduciuse un discurso de Miguel de Unamuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín dirixido aos centros estatais de ensino primario, que apareceu posiblemente no ano 1954 na cidade da Coruña. Utilizaba a lingua castelá e non tivo unha periodicidade regular; normalmente editábase un número ao comezo do curso escolar e outro ao final. Entre as seccións figuraban títulos como “Sección oficial”, “Exposiciones y concursos”, “Ponencias” ou “Cáritas escolares”. Presentaba datos estatísticos, un almanaque escolar, comentarios, informes de inspección, etc. A sección “Cáritas escolares” ofrecía unha visión do maxisterio dende unha óptica relixioso-caritativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu en Vigo en 1913, con periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Vigo e editada pola Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo. Trataba temas relacionados coa Economía, o Dereito, o comercio exterior e a propiedade industrial, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vigo a mediados do s XX, editada pola Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación que presidía José Nogueira Dalmas. Nel (nº 105-1972) ofrécense informacións de carácter económico, comercial e xurídico, amais de novidades arredor do funcionamento da propia Cámara. Inclúe as seccións: “El caso y sus normas”, “Actividades de la Cámara”, “Información Económi ca”, “Información Jurídica” e “Información Comercial”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que saíu por primeira vez no ano 1955 nun número que abranguía os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Foi subtitulada como “Ayuntamiento de La Coruña”. Os temas que trataba eran as diversas facetas da vida local coruñesa: “Vida económica Municipal”, “Estadística” e “Obras públicas”. A súa periodicidade foi moi irregular, de feito o número 4 saíu dez anos despois. Nos primeiros números había só algún artigo ou comentario sobre a historia da cidade da Coruña pero, co paso do tempo, a información municipal pasou a dominar toda a publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que tivo diferentes etapas históricas con importantes interrupcións e periódicidade irregular. Nos anos coarenta apareceu en formato de revista e foi dirixido entre outros por José Posada Curros e Lalo Vázquez Gil. No ano 1985 iniciou a súa etapa de maior difusión baixo as sigras de BIM con 40.000 exemplares e periódicidade mensual, en formato tabloide e dirixido por María Xosé Porteiro. Editouse nos talles de Faro de Vigo e a difusión foi gratuíta repartida en tódolos buzóns da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu no 1956 na cidade de Ourense e que cesou seis anos despois. Non constaba responsable nin director. Cada número tiña abundantes fotografías de Villar. Ademais de información sobre a vida do concello e sobre acontecementos sociais e políticos, incluía noticias culturais e a sección “Orense de ayer y anteayer” asinada por M. Leirós, responsable do Arquivo Municipal, espazo rico en datos da historia do Concello. Contou coa colaboración habitual de Vicente Risco, Xoán Manuel Amor e do xornalista Carlos Almendares, pseudónimo de Isidoro Guede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que reapareceu no ano 1988, para comezar unha segunda andaina despois da publicación do Boletín de información teatral da Escola Dramática Galega. Nesta época é anual e conta coa colaboración de Anxos Cuña Bóveda, Carlos Morgade, Julio Cardoso e Maribel Álvarez. Introduce dúas novidades importantes, por un lado, os artigos sobre teatro como “Teatro, colonialismo e identidade cultural” de Enrique Buenaventura ou “O teatro galego na encrucillada” de Anxos Cuña. Por outro lado, tamén cobre a información sobre as actividades dos grupos portugueses. A terceira etapa iniciouse no ano 1991 co título de Información teatral. Revista galega de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación monolingüe en galego que naceu en Vigo no ano 1983 e que se publicou en diferentes etapas. Nun comezo estivo dirixida por Antón Lampareira e tivo unha periodicidade bimensual. Entre os primeiros colaboradores contou con Manuel Vázquez, X. M. Pazos, Xaime Aguiar, Francisco Pillado, Manuel F. Vieites, Margarita Galiana Rodríguez e X. M. Vázquez. A intención do colectivo que editaba esta publicación era loitar pola normalización teatral en Galicia. Incluía entrevistas con persoeiros do teatro como Yayo H. Rúas, César Anxo Lombera ou Manuel Lourenzo, xunto con información sobre os grupos e as súas montaxes, amais de artigos como o de Mikhail Tsareu. Tamén posuía outras dúas seccións dedicadas á información teatral e á bibliografía. No segundo número prestouse especial atención á estrea dunha obra de Woyzeck, o primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de 1955 pola Agrupación Fotográfica Gallega.   No seu número 30 (1958) inclúense as seccións “Galicia Fotográfica”, “Cine” e “Ecos Sociales”, entre outras. Conta coas colaboracións de Salvador Lorenzana e Carlos Espinosa. Inclúese amais información sobre asociacións, exposicións, mostras, cursos e certames relacionados co mundo fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que comezou a publicarse en La Habana en 1915. Cesou en 1955. A lingua que utilizaba era o castelán agás algunha frase esporádica ou algunha cita en galego. Este boletín era un xeito de “gaceta oficial” que recollía textualmente todo o que se dicía nas sesións da Asamblea de Apoderados. Serviu de libro de actas e incluía debates, informes de comisións especializadas, balances financeiros, contabilidade, situación do sanatorio, do teatro, do colexio, etc. Trátase dunha valiosa crónica que dá mostra do esforzo e interese común dos emigrantes polas institucións que os agrupaba. Cada edición do boletín tiña case 300 páxinas. Publicouse regularmente durante uns 45 anos, ata que o Centro Galego desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter obreiro editada en Ferrol entre 1871 e 1872. Serviu de voceiro á cooperativa de base múltiple feita polos militantes republicanos federais na cidade departamental, substituíndo o semanario El Trabajo. Tiña o obxectivo de informar os seus afiliados das actividades da sociedade, e mesmo de fornecer o seu pensamento ideolóxico coa inclusión de diferentes artigos. A partir de xuño de 1872, recolleu informacións e documentos da Federación Regional Española integrada na Asociación Internacional de Trabajadores (AIT).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu o 15 de xaneiro do 1899 en Ourense e que cesou o 15 de decembro dese mesmo ano. Dirixida por Xosé Álvarez y Álvarez, como redactores figuraban Emilio Amor Rolán e Pío Ramón Ogea, e entre os colaboradores Salvador Padilla, Xoán Rodríguez Quesada, Xosé Fernández López, Pilar Pereira, Marcial Quesada, etc. As súas seccións eran: “Sección pedagógica” (unha tribuna libre para os mestres), “Sección de noticias”, “Quejas y reclamaciones”, “Sección legislativa” (disposicións oficiais), “Sección científico-recreativa” e “Correspondencia particular”. A periodicidade era mensual, entregábase os días 15 de cada mes. A temática era a propia dunha publicación profesional na que se combinan artigos científicos con colaboracións literarias; ás veces, recollía tamén artigos doutras revistas pedagóxicas do Estado. A publicación foi fundada pola Asociación Provincial de Primera Enseñanza e figuraba como director o secretario da Asociación. Dende xaneiro de 1900 a liña desta revista...

    VER O DETALLE DO TERMO