Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega

Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega

Publicación monolingüe en galego que naceu en Vigo no ano 1983 e que se publicou en diferentes etapas. Nun comezo estivo dirixida por Antón Lampareira e tivo unha periodicidade bimensual. Entre os primeiros colaboradores contou con Manuel Vázquez, X. M. Pazos, Xaime Aguiar, Francisco Pillado, Manuel F. Vieites, Margarita Galiana Rodríguez e X. M. Vázquez. A intención do colectivo que editaba esta publicación era loitar pola normalización teatral en Galicia. Incluía entrevistas con persoeiros do teatro como Yayo H. Rúas, César Anxo Lombera ou Manuel Lourenzo, xunto con información sobre os grupos e as súas montaxes, amais de artigos como o de Mikhail Tsareu. Tamén posuía outras dúas seccións dedicadas á información teatral e á bibliografía. No segundo número prestouse especial atención á estrea dunha obra de Woyzeck, o primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego.