"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • Boletín aparecido no segundo trimestre de 1990 na Coruña e subtitulado “Boletín informativo de la sociedad de montaña Artabros”. Nesta publicación difundíanse as actividades da asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo aos ártabros.

    2. Individuo do pobo ártabro.

    3. Pobo índixena (populus) da Gallaecia, no convento xurídico lucense que, segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba as rías de Ferrol, Betanzos e A Coruña. Adobriga e Flavium Brigantium semella que eran dous importantes núcleos na súa área de influencia; sen embargo, os únicos que se adscriben de xeito único a este pobo son, entre outros, Buro, Olina e Vica. Debido ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon dos pobos indíxenas este pobo aparece, ás veces, co nome de arrotrebas (arrotrebae).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de branquia que presentan algúns crustáceos enxertada na membrana articular que une a base dun parapodio co corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de asombrar.

    2. Dise do lugar no que hai moita sombra.

    3. Dise da persoa que recibe un susto ou unha forte impresión que lle provoca medo.

    4. Aplícase á persoa que recibe unha grande impresión, xeralmente de admiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que asombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar sombra.

    2. Causar medo ou espanto algo a alguén.

    3. Provocar abraio ou pasmo algo.

    4. Impresionarse ante unha determinada situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Londres no ano 1924, onde radica. Ten por finalidade a coordinación do uso sistemático da información e da ciencia. Agrupa a bibliotecas, universidades, sociedades científicas, departamentos gobernamentais e asociacións de industriais e comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de libros que leva como subtítulo “Aproximación á distribución dos Vertebrados de Galicia durante o quinquenio 1980-1985”. Realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural e publicado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela en 1995, consta de dous tomos, un dedicado ás aves e outro aos mamíferos, réptiles e anfibios. Emprega para a distribución das especies a cartografía UTM que converte Galicia en 360 cuadrículas de 10x10 km. Reproduce 60 mamíferos, 146 aves, 15 anfibios, 24 réptiles e 11 peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medrarlle o ubre á vaca momentos antes de parir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presidente de Nixeria (1985-1993). Membro da etnia fulani, recibiu adestramento militar na India, en Gran Bretaña e nos EE UU. Sendo xefe do Estado Maior do exército nixeriano -cargo ao que accedera en 1984-, dirixiu o golpe de estado do 27 de agosto de 1985 que o nomeou Presidente de Nixeria. Levou a cabo unha serie de reformas constitucionais que pretendían estabilizar politicamente o país e equilibrar a convivencia entre as etnias. Derrotado por Abiola nas eleccións, declarounas nulas e nomeou un goberno dirixido por Adegunle Oladeinde Shonekan, quen dirixiu o país ata que un novo golpe de estado militar os derrocou e tiveron que exiliarse (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presidente de Nixeria (1985-1993). Membro da etnia fulani, recibiu adestramento militar na India, en Gran Bretaña e nos EE UU. Sendo xefe do Estado Maior do exército nixeriano -cargo ao que accedera en 1984-, dirixiu o golpe de estado do 27 de agosto de 1985 que o nomeou Presidente de Nixeria. Levou a cabo unha serie de reformas constitucionais que pretendían estabilizar politicamente o país e equilibrar a convivencia entre as etnias. Derrotado por Abiola nas eleccións, declarounas nulas e nomeou un goberno dirixido por Adegunle Oladeinde Shonekan, quen dirixiu o país ata que un novo golpe de estado militar os derrocou e tiveron que exiliarse (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada en Verín en 1993 por Xosé Luís Martínez Carnero. Entre os espectáculos realizados por esta agrupación cómpre sinalar: O auténtico oeste, sobre un texto de Sam Shepard, estreado en 1994 con dirección de Manuel Lourenzo; Dany e Roberta (1995), con dirección de Rodrigo Roel; Parella Aberta, a partir da peza homónima de Darío Fo, presentado en 1996 con dirección de Rodrigo Roel e O contrabaixo (1999), segundo un texto de Patrick Süskind e con dirección de Damián Contreras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de Rusia entre Belomorsk, no Mar Báltico, e Povenec, sobre o lago Onega. Ten unha lonxitude de 227 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álxebra asociativa normada completa, na que se define unha norma pola que toda sucesión de Cauchy converxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos barabras ou á súa lingua.

    2. Individuo dalgunha das poboacións nubias de barabras.

    3. Poboacións nubias do Nilo medio, entre Exipto (sur de Aswān) e Sudán (a rexión setentrional). Practican principalmente a agricultura e emigran en gran número ás cidades de Exipto como serventes ou pequenos mesteirais. A manifestación relixiosa tradicional destes pobos é a islámica. Non obstante , formaron parte dos núcleos cristiáns de Nubia que non foron islamizados ata o s XIV, cando se infiltraron tribos nómades árabes que, ao final do século, fundaron o Reino de Funj, que perdurou ata o inicio do s XIX. A súa lingua, chamada tamén nuba, pertence ao grupo chari-nilótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Vjažla, Tambov 1800 - Nápoles 1844). Poeta ruso. Influído polos románticos alemáns, tratou temas filosóficos cun profundo pesimismo. Cómpre subliñar os seus poemas narrativos Eda (1824), Bal (‘O baile’, 1828) e Tsyganka (‘A xitana’, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta portuguesa e Raíña de España. Filla de Xoán V de Portugal e de María Ana. Casou en 1729 co futuro Rei Fernando Vl. Ilustrada e amante da música, foi protectora do tenor Farinelli. Fundou en 1757 a institución relixiosa das Descalzas Reales de Madrid, onde está enterrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos beribraces.

    2. Individuo do pobo beribrace.

    3. Pobo prerromano establecido nas paraxes montañosas do noroeste da Comunitat Valenciana, cara aos ss VI-V a C. Segundo a Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, única fonte que o menciona, baseaban a súa actividade económica na gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO