asombrar

asombrar

(

  1. v t

    Dar sombra.

    Ex: Unha parra asombraba o noso patio.

    Confrontacións: ensombrecer.
  2. v t

    Causar medo ou espanto algo a alguén.

    Ex: A película asombrouno tanto que saíu tremendo de medo.

    Sinónimos: amedrentar, asustar.
  3. v t e i

    Provocar abraio ou pasmo algo.

    Ex: A modelo asombrou o público coa súa beleza. A súa intelixencia asombra.

    Sinónimos: abraiar, marabillar, pasmar.
  4. v pron

    Impresionarse ante unha determinada situación.

    Ex: Asombreime coa historia que me contaches.

    Sinónimos: abraiar.

Palabras veciñas

asomatognosia | asombrado -da | asombrante | asombrar | asombro | asombroso -sa | asomía
Conxugar
VERBO asombrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombro
asombras
asombra
asombramos
asombrades
asombran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombraba
asombrabas
asombraba
asombrabamos
asombrabades
asombraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombrei
asombraches
asombrou
asombramos
asombrastes
asombraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombrara
asombraras
asombrara
asombraramos
asombrarades
asombraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombrarei
asombrarás
asombrará
asombraremos
asombraredes
asombrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombraría
asombrarías
asombraría
asombrariamos
asombrariades
asombrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombre
asombres
asombre
asombremos
asombredes
asombren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombrase
asombrases
asombrase
asombrasemos
asombrasedes
asombrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombrar
asombrares
asombrar
asombrarmos
asombrardes
asombraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
asombra
-
-
asombrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
asombrar
asombrares
asombrar
asombrarmos
asombrardes
asombraren
Xerundio asombrando
Participio asombrado
asombrada
asombrados
asombradas