"CAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 163.
-
PERSOEIRO
Físico. Estudiou medicina e física experimental. Traballou no Observatorio de París e na Oficina de Pesos e Medidas. Determinou a velocidade da luz, demostrou que esta é maior no aire que na auga, e construíu o péndulo que leva o seu nome para demostrar o movemento de rotación da Terra. Inventou o xiroscopio para coñecer a dirección do meridiano do sitio sen necesidade de observacións magnéticas (1852). Construíu un prisma, denominado de Foucault, e un sistema óptico de superficies esféricas moi simples para telescopios de reflexión con espello de vidro prateado. Perfeccionou un regulador automático para luces de arco voltaico. Foi membro das academias de París e Berlín e da Royal Society de Londres. En 1855 recibiu a medalla Copley pola demostración experimental do movemento de rotación da Terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. Foi profesor nas universidades de Clermont-Ferrand (1960-1968) e Paris-Vincennes (1968-1970) ata ser nomeado en 1970 membro do Collège de France. Influído por S. Freud, M. Heidegger e F. W. Nietzsche, foi un dos máis importantes representantes do estruturalismo no s XX. Analizou os problemas mentais desde unha perspectiva xenealóxica na liña de traballo de Nietzsche e mantivo que a separación entre loucura-desorde e razón-orde se produciu no s XVII. Posteriormente, estudiou a historia desde unha perspectiva descontinua, en que criticou o concepto de progreso na cultura, analizou a estrutura das prisións e realizou fortes críticas ao sistema educativo occidental. Na súa obra conflúen psicoloxía, historia, filosofía e socioloxía nun intento de superar as categorías impostas polas diversas escolas destas disciplinas. Entre as súas obras destacan Histoire de la folie a l’âge classique (1961), Les mots et les choses. Une archéologie des Sciences humaines (1966), L’archéologie...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galvanización médica coa que se trata de conseguir unha cauterización lenta, utilizando como polo positivo un electrodo fino de carbón ou de metal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento médico que se utiliza para a galvanocáustica.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Representante do artista romántico, formouse con Carle Vernet (1808) e con P. N. Guérin (1810) en París. No Salon de 1812 expuxo con éxito Officer de chasseurs de la garde impériale chargeant. En 1814 pintou Le Cuirassier blessé quitant le feu. Asistiu á Académie de France de Roma, onde pintou a Radeau de la Medusa (exposta no Salon de 1819), que retrata os superviventes dun naufraxio da época. Na súa estancia no Reino Unido (1820-1822) pintou Derby d’Epson (1821). Tamén pintou diversos retratos de enfermos mentais, como Monomane du jeu e Aliéné kleptomane.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cámara que construían os romanos para que circulase o aire quente e quentase o cuarto situado enriba dela.
-
-
-
Sacrificio dos israelitas a Deus, que consiste en que a víctima, normalmente un año, se consumira toda no lume.
-
íctima ofrecida en holocausto.
-
-
-
Gran matanza de persoas.
-
Exterminio dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos.
-
-
Sacrificio ou renuncia de algo moi querido ou importante en favor ou beneficio dos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución latina que significa ‘por razón ou causa de honor’ e que se emprega para referirse aos graos ou ás distincións académicas concedidas, a título de honor, a unha persoa en virtude da fama que ten ou en recoñecemento aos seus méritos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de incautarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apoderarse as autoridades dos bens ou propiedades dunha persoa.
-
-
Que ou quen non ten cautela.
-
Que ou quen non ten malicia.
-
-
PERSOEIRO
Moralista. Despois de participar en diversas conspiracións, retirouse da vida política e redactou Sentences et maximes de morale (1655) onde, a partir da constatación de que as virtudes a miúdo non son máis que vicios disfrazados, organizou unha visión lúcida e pesimista do home.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cova situada en Dordogne, ao SL de Montignac. Descuberta en 1940 por H. Breuil, contén pinturas e gravados do Madalenense Medio, aínda que os máis antigos son do Auriñacense, que representan xatos, cabalos, cervos e bisontes de grandes proporcións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o talo moi fino.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Macau, situada na costa S de China (342.548 h [1991]). Foi construída ao estilo europeo sobre unha escarpada península. Posúe un porto para viaxeiros de pouco calado. Ten establecementos de xogo e diversión no barrio chinés. É un bispado católico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de China localizada na costa SL, ao O de Hong Kong, no mar de China Meridional (436.686 h [estim 2001]). A capital é Macau. Comprende a península de Macau e as illas de Taipa e Colane. A poboación é chinesa cunha minoría portuguesa. A actividade principal da poboación é a pesca. A economía baséase no porto e no turismo. Foi dominio portugués desde 1557, e desde mediados do s XIX experimentou unha certa decadencia coa aparición da colonia británica de Hong Kong. Declarada Provincia de Ultramar de Portugal en 1951, adquiriu o estatuto de territorio especial en 1976. En decembro de 1999 produciuse a súa devolución a China.
-
PERSOEIRO
Político, historiador e crítico literario. Foi deputado whig na Cámara dos Comúns (1830), cargo desde o que contribuíu á reforma parlamentaria de 1832, e secretario de Guerra (1834-1841). Escribiu History of England from the Accession of James the Second (1849-1861) na que demostra o seu liberalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroína protagonista da novela de A. F. Prévost Histoire du chevalier des Grieux et de Manon Lescaut (1731). Manon, unha cortesá, é redimida pola paixón e polo amor fiel que un home, des Grieux, lle profesa ata a morte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera dramática en catro actos, con música de Giacomo Puccini (1858-1924), con libreto de R. Leoncavallo, G. Illica, G. Giacosa, M. Praga, D. Oliva e G. Ricordi, inspirada na novela Histoire du Chevalier des Grieux et de Manon Lescaut do abade Prévost. Estreada no Teatro Regio de Turín o 1 de febreiro de 1893, a súa acción desenvólvese en Francia durante a segunda metade do s XVIII.
-
GALICIA
Político e xurista, fillo de Domingo Antonio Merelles. Foi deputado por Ourense (1869-1871) e por Ribadavia en doce lexislaturas entre 1871 e 1910. Nomeado senador pola provincia de Ourense (1891-1893 e 1896-1898), foi director xeral de Administración e Fomento no ministerio de Ultramar.
VER O DETALLE DO TERMO