Manon Lescaut
Manon Lescaut
[MÚS]
Ópera dramática en catro actos, con música de Giacomo Puccini (1858-1924), con libreto de R. Leoncavallo, G. Illica, G. Giacosa, M. Praga, D. Oliva e G. Ricordi, inspirada na novela Histoire du Chevalier des Grieux et de Manon Lescaut do abade Prévost. Estreada no Teatro Regio de Turín o 1 de febreiro de 1893, a súa acción desenvólvese en Francia durante a segunda metade do s XVIII.