"CEI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • GALICIA

    Filólogo, pedagogo e poeta. En 1904, ao tempo que estudiaba na Escola Normal de Mestres de Santiago de Compostela (1906-1909), estableceu un colexio na capital do Eume. Rematada a carreira, estudiou o bacharelato. No ano 1910 aprobou as oposicións de maxisterio e pasou a exercer de mestre na Escola Graduada de Lugo, traballo que realizou simultaneamente co exercicio libre do ensino secundario. O seu desenvolvemento persoal e intelectual articulouse ao redor do autodidactismo, a lectura continua e o exercicio da docencia; concibía a educación como un proceso de formación completo que debía abranguer tanto o plano intelectual coma o político, social e ético. En 1917 aprobou, sen pasar pola Escola de Estudios Superiores de Maxisterio, as oposicións para a inspección de ensino primario. Exerceu este novo cargo en Ourense ata 1936. Nesa mesma cidade, ademais de casar con Elisa Pavón Rodríguez, achegouse ao xornalismo e foi redactor xefe do Diario de Orense, e colaborador de La Zarpa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Zapateiro de profesión e membro da Confederación Nacional del Trabajo (CNT), foi secretario da Federación Local Obrera da Coruña na década de 1910. Asistiu como delegado ao Congreso da CNT celebrado no Teatro de la Comedia de Madrid (1919). En 1920 foi deportado tralos enfrontamentos sociais acontecidos na Coruña. Coa chegada da Segunda República Española, converteu a súa zapatería nunha cooperativa e ingresou no Partido Sindicalista. Apoiou o Centro de Estudios Germinal, a Antorcha Galaica del Librepensamiento e diversas entidades asociativas coruñesas. Colaborou en La Voz de Galicia e en Solidaridad Obrera. Ao comezar a Guerra Civil foi apresado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e político. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1978), diplomouse en Dirección Xeral de Empresas (1983) e en Planificación e Administración de Empresas (1985) pola Universidad Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez (1979-1981) e director xerente de Xestión Urbanística da Coruña SA (1981-1990). Membro do Partido Popular (PP), foi director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS, 1990-1993) e director xeral de Formación e Emprego (1993-1994). Foi conselleiro de Industria e Comercio (1994-1999) e membro do Parlamento de Galicia (1997-1999). Dende outubro de 1999 é presidente da Autoridade Portuaria da Coruña e presidente do Partido Popular da provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Docente na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse en Letras polas universidades de Navarra e Santiago de Compostela e doutorouse en 1973 (El habla de Feás -anexo 15 de Verba-, 1976). Membro do Instituto da Lingua Galega desde 1971, colaborou con esta institución na elaboración dos métodos Galego I, Galego II e Galego III. Comezou a súa investigación no ámbito da lingua galega con traballos como “Notas etno-lingüísticas en torno a la pesca de río en Galicia (río Mandeo)” (1974) ou “As vocáis e, o en rima na obra de Curros” (1977). Posteriormente, orientou a súa produción científica cara á literatura galega medieval: “Historia de la literatura gallega medieval” (Galicia Eterna, 1988); “Lírica medieval” (Galicia Eterna, 1978); “Un uomo non volgare” (1984), no que destaca o labor desempeñado polo humanista Angelo Colocci na conservación da lírica profana galego-portuguesa; “Cita na illa” (1998), que analiza o motivo poético do encontro dos namorados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Libreiro e editor. Logo de traballar como comercial, comezou co negocio dos libros en 1969, ano no que fundo a Libraria Couceiro. A mediados dos anos setenta, apostou polo libro galego e portugués, e no ano 1982 introduciuse no mercado do libro antigo. En 2001 forman a empresa dúas librerías en Santiago de Compostela, unha delas dedicada ao libro antigo, e outra na Coruña. Como libreiro, promoveu dende 1979 o boletín Bendado, unha publicación bibliográfica do libro galego e portugués. Así mesmo, organizou varias exposicións sobre libros galegos en Portugal (Porto, Lisboa, Aveiro, Braga e Viana) e Suíza (Xenebra e Laussane). Tamén realizou algunhas actividades no mundo editorial, tanto en Edicións do Cerne, da que foi editor, como en Laiovento, da que foi socio-fundador; ademais, participou na fundación de EDIGAL, a primeira compañía discográfica galega, que logo pasou a denominarse Clave Records. Foi presidente da Federación Galega de Libreiros e vicepresidente da Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inspector médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Xornalismo. Foi deputado na lexislatura constituínte (1977-1979) no Congreso de los Diputados pola Unión de Centro Democrático (UCD). Entre outros cargos, exerceu como director da Residencia Sanitaria de Vigo e do Hospital Xeral de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Orden del Mérito Constitucional, a Medalla de Oro Constitucional e a Medalla de Oro da Federación de Baloncesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fiscal. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Dereito. Foi fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Colaborou en Foro Gallego e no Boletín del Colegio de Abogados da Coruña. Entre outros galardóns recibiu a Cruz de Honor e a Cruz Distinguida de primeira clase da Orden de San Raimundo de Peñafort, a Medalla del Mérito a la Justicia e a Medalla Castelao (1992). Pertence á Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou a súa andaina profesional na emisora Radio Coruña. En 1956 dirixiu a Estación Escuela de Juventudes coruñesas. Exerceu como subdirector xeral da cadea de emisoras CAR e como director de Radio Juventud na Coruña. Á parte dos seus traballos radiofónicos, escribiu numerosos artigos para a revista Atlántida. Publicou os libros La produción radiofónica. Arte y sistema (1967) e Hombres que decidieron (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Colaboradora en diversas publicacións (Dorna, Festa da Palavra Silenciada, Valdeleite), pertence ao consello editorial da Editorial Letras de Cal. Publicou os poemarios individuais Humidosas (V Premio Poesía Espiral Maior, 1997) e As entrañas horas (X Premio Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, 1998), e participou no volume colectivo Mulher a facer vento (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Desenvolveu a súa carreira militar en Moçambique e Angola, onde foi gobernador xeral (1907-1909). Defensor da monarquía, proclamou en 1919 a Monarquia do Norte. Foi galardoado coa Torre e Espada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cruz monumental de pedra cunha altura de entre tres e cinco metros que se sitúa sobre un fuste, liso ou decorado con figuras esculpidas, asentado sobre unha base en forma de bancada. Nos lugares onde están erixidos simbolizan o mesmo có sinal da cruz para as persoas: lembran a morte de Cristo e supoñen unha defensa contra o mal. Por iso están situados na entrada das aldeas e en lugares maléficos, entre outros, nas encrucilladas, montes e ribeiras do mar. En ocasións, nestes lugares maléficos onde a Cruz vence o Mal, os curandeiros expulsan as enfermidades provocadas polas bruxas. Ademais, no lugar onde houbo unha morte violenta, como un accidente de tráfico, acostúmase erixir unha pequena cruz e, nalgún caso, mesmo un cruceiro, para lembrarlles aos camiñantes que recen pola salvación do defunto. Non son construcións exclusivas de Galicia e, aínda que a miúdo se relacionan coas de Irlanda e Bretaña, existen ou existiron no resto de Europa. En España, onde reciben o nome de humilladeros ou...

      1. Espacio no que se cruzan as naves central e transversal dunha igrexa. A nave transversal ten que ter a mesma altura e anchura ca a central para formar un cadrado perfecto.

      2. Nave transversal dunha igrexa perpendicular á nave central ou maior.

      3. arco de cruceiro

        arco de cruceiro.

      4. patio de cruceiro

        Patio musulmán dividido en catro partes por medio de dous paseadores altos que se cruzan de xeito transversal. Esta tipoloxía aparece no Patio de los Leones da Alhambra de Granada.

    2. Unidade monetaria brasileira dividida en 100 centavos. Estivo en vigor nos períodos: 1942-1967, 1970-1986 e 1990-1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barco de guerra que se caracteriza pola súa gran velocidade e que está equipado con armamento especial para misións ofensivas e defensivas.

    2. iaxe de lecer por mar con paradas en distintos portos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe editada a partir do 1 de xaneiro de 1993 en Miranda de Ebro e subtitulada “Revista do Centro Galego de Miranda de Ebro”. Inicialmente tiña periodicidade semestral. Coordinada por J. A. Tojeiro, conta coa axuda da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, á parte da colaboración de Victoriano Agelo, Manuel García, Federico Pomar, Virginia Rodríguez e Mª José Gutiérrez. O seu obxectivo é ofrecer información sobre as actividades do centro galego da localidade, ademais de artigos sobre a gastronomía, a historia e a cultura de Galicia e todo o relacionado co Camiño de Santiago. Incluíu tamén fotografías en branco e negro sobre a sociedade, paisaxes e motivos galegos, e retratos de colaboradores combinados con debuxos humorísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Cee que ten o seu cumio a 292 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que lles serve de límite ás parroquias (e concellos) de Santa Comba de Carnota (Carnota) e Serres (Muros). O seu cumio acada os 360 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego editada a partir de maio de 1980 en Carral. Dirixida por Xosé Manuel Reboredo, incluía información de carácter xeral, noticias sobre xuntanzas municipais, deportes e asociacións de veciños, á parte de entrevistas e artigos de carácter cultural e histórico, como os dedicados aos mártires de Carral. En marzo de 1981 editou un número case monográfico titulado “Especial Ensino”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desaceirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eliminar o aceiro dun produto mediante quentamento descarburador que lle dá as calidades do ferro cun baixo contido en carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Familiar do que se descende e que viviu nunha época pasada.

    2. Serie de membros dunha familia que preceden a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos diceidos.

    2. Ave da familia dos diceidos.

    3. Familia de aves da orde dos paseriformes, de pequeno tamaño e colorido intenso, distribuídas dende a India ata Australia, e sobre todo en Malaisia.

    VER O DETALLE DO TERMO