"CIC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade do ciclismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente alquilante que se une con enlaces covalentes, e polo tanto de forma irreversible, ao DNA, co que se impide a división celular. Emprégase en medicina no tratamento das neoplasias malignas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo líquido soluble en alcohol e insoluble en auga, que ferve a 118°C. Tamén se coñece como suberano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cetona líquida con olor a menta que ferve a 179°C e que se aplica como intermediario de síntese. Tamén se coñece como suberona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cicloalqueno de sete átomos de carbono con tres enlaces dobres, do que derivan estruturalmente as tropolonas. Tamén se chama tropilideno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo líquido que se obtén por hidroxenación catalítica do benceno e que ferve a 81°C. Emprégase como solvente e como materia prima para o nailon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cetona derivada do ciclohexano, obtida por deshidroxenación do ciclohexanol e empregada como disolvente e en síntese orgánica na obtención do ácido adípico, da caprolactona, do cloruro de polivinilo e dos seus copolímeros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que actúa sobre as células eucariotas, pero moi pouco efectivo coas bacterias. Emprégase para determinar se se produciu contaminación bacteriana en cultivos de lévedos.
-
-
Relativo ou pertencente á cicloide.
-
Que se asemella a unha cicloide.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva enxendrada por un punto fixo nunha circunferencia que roda, sen esvarar, sobre unha liña recta. As súas ecuacións paramétricas son x = a ( "Warnock Pro SmBd Display" >ϑ - sen "Warnock Pro SmBd Display" >ϑ ), y = a (1 - cos "Warnock Pro SmBd Display" >ϑ ).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos meteorolóxicos que dan lugar á desaparición ou ao debilitamento de ciclóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariación estacional da medida e da forma do corpo experimentada por algúns animais planctónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo lixeiro de dúas rodas, semellante a unha bicicleta, con pedais ou sen eles, provisto dun motor de explosión de dous tempos de cilindrada inferior a 50 cc, con embrague de disco ou centrífugo. Polo xeral, leva cambio de velocidades manual de dúas ou tres marchas ou variador continuo de velocidade, que se acende cos pedais ou cun pequeno motor eléctrico de arranque; as normas de circulación non lle permiten exceder dunha velocidade de 45 km/h sobre unha superficie chá. Os primeiros modelos consistían nunha bicicleta á que se lle engadía un motor que movía unha das rodas por rozamento mediante unha cadea. Co tempo converteuse nunha motocicleta de dimensións reducidas, adecuada para a circulación urbana e para traxectos curtos.
-
-
Sistema de vento en rotación de carácter tempestuoso.
-
Grande área de baixa presión na atmosfera. Os ciclóns evolucionan seguindo un ciclo de vida. Nacen como consecuencia do sistema de ondas que se orixinan na converxencia das masas de aire, e propáganse ao longo dunha superficie de discontinuidade dunha fronte principal preexistente, xeralmente a fronte polar. Están formados, inicialmente, por unha masa de aire cálida e por unha masa de aire fría, separadas por unha fronte quente e por unha fronte fría que se reúnen no cume da ondulación (centro do ciclón). Ao mesmo tempo que se comeza a propagar a ondulación, aparece un mínimo de presión na cima do sector cálido, ao que corresponde un movemento ciclónico dos ventos. O sector cálido, pouco a pouco, estrangúlase, e a fronte fría posterior acábao atrapando, co que se produce a oclusión. A miúdo, a fronte pechada da perturbación enrólase en espiral arredor do eixe do remuíño ciclónico, co que se forma unha liña chamada retrógrada. Os ciclóns poden ser tropicais e extratropicais. O centro...
-
Separador de partículas sólidas suspendidas nun fluído, que consiste nun recipiente cilíndrico, coa parte inferior cónica, onde se introduce tanxencialmente, pola parte superior e a unha velocidade elevada, a corrente de alimentación. Esta, co rozamento coas paredes, crea un movemento descendente helicoidal que deposita as partículas sólidas no fondo, mentres o fluído clarificado sae ao recipiente pola parte superior a través dun tubo coaxial. Cando se traballa con suspensións en líquidos, aliméntase o ciclón pola parte inferior. O rendemento deste aparato é máximo para partículas superiores a 30 μm.
-
-
SEMANARIOS
Semanario de publicación irregular con diferentes etapas. Dedicado á crítica política e social, xurdiu en Santiago de Compostela en 1883 baixo a dirección de Xosé Peña. Subtitulouse, inicialmente, “Periódico satírico” que “Sopla todos los sábados”. Acollía seccións como “Rachas”, “Temblores”, “Telegramas”, “Borrascas Poéticas”, “Tarjetas postales” ou “Anunciomanía”. Colaboraban Alfredo Vilas, Luís Taboada e Aureliano J. Pereira. Incluíanse poemas en galego de Bieito Losada, Manuel Martínez González e Fernando García Acuña, un conto en verso de Xosé Tresguerras Melo, e poemas en castelán de Xavier Valcarce Ocampo e X. Barcia Caballero. En maio de 1889 comezou unha nova andaina cun novo subtítulo “Periódico satírico. Sopla todos los jueves”. Desta época son os poemas en galego de Adolfo Mosquera e Xavier Valcarce, á parte de varias poesías en castelán. No mes de abril de 1891 pasou a subtitularse “Periódico satírico. Sopla todos los viernes”. Publicou poemas satíricos en galego como o de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Animal que presenta unha disposición radiada do sistema nervioso, como os equinodermos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un ciclón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Material activo dos explosivos plásticos, de propiedades destrutivas máis típicas, utilizado sobre todo en demolicións por comandos e grupos de resistencia a partir da Segunda Guerra Mundial. En estado puro é excesivamente sensible ao choque, polo que se insensibiliza mesturándoa con cera e aceite ata acadar a consistencia plástica desexada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto alicíclico, non aromático, con catro enlaces dobres conxugados. Existe na conformación denominada de bañeira, en equilibrio cunha pequena cantidade de forma plana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cicloalcano.