"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Nome químico da vitamina C. Son uns pos brancos, moi solubles en auga, de sabor ácido, que se funden a 192°C. Oxídase con gran facilidade, sobre todo en medio alcalino e só a forma levóxira ten actividade terapéutica. É un tónico celular e regula os procesos de oxidación-redución na célula grazas á súa transformación reversible en ácido deshidroascórbico. Activa as catalasas e outros enzimas, regula a función protectora dos endotelios e ten influencia na hematopoese e na formación de anticorpos. Relaciónase coas outras vitaminas e coas glándulas suprarrenais. O organismo consome unha maior cantidade del en diferentes circunstancias e por estímulos orgánicos fortes. Adminístrase polas vías oral e parenteral e en doses bastante elevadas nos casos de astenia, anorexia, embarazo, infeccións e outros. As súas fontes naturais máis importantes son as froitas (especialmente os limóns e as laranxas), verduras frescas (especialmente o pemento), o leite, o fígado, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación profesional fundada en 1977 de carácter non lucrativo constituída por anunciantes, medios de comunicación e axencias de publicidade de España, co fin de velar polo exercicio ético da profesión publicitaria, respectando os principios dos códigos deontolóxicos, de xeito similar ás que existen noutros países da Unión Europea. Dentro da asociación funciona o xurado de autocontrol, que se rexe polo Código de Conduta Publicitaria aprobado o 19 de decembro de 1996, e que ten a finalidade de solucionar as posibles demandas dos consumidores, derivadas da elaboración e difusión das campañas publicitarias dos anunciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que agrupa as principais axencias de publicidade e centrais de medios de España. É a promotora do Festival Publicitario de San Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que integra un número importante de empresas relacionadas coa publicidade, que se encarga de defender intereses comúns e de promover charlas e encontros entre as empresas asociadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación integrada pola maioría das axencias de publicidade, anunciantes e medios de comunicación de todo o mundo. A súa finalidade é ofrecer información sobre as actividades dos seus asociados, elaborar estudios especializados e organizar encontros académicos e profesionais que contribúan a mellorar diversos aspectos da actividade publicitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido natural, non esencial, que intervén nos procesos do metabolismo intermedio como precursor importante dos compostos nitroxenados e doador de grupos amina. Emprégase na investigación bioquímica e clínica, en deterxentes e como funxicida e xermicida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caranguexo da familia dos astácidos.

    2. Familia de caranguexos, da orde dos decápodos, propios das augas doces e temperadas do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que teñen os sistemas astáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última parte do día, momento da tarde en que se empeza a poñer o sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aterecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Valencia dun átomo ou radical.

    2. Número de átomos presentes na molécula dun composto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de atónico.

    2. Impropiamente, perda relativa tanto da intensidade como do ton, a frecuencia ou a altura musical dun fonema vocálico ou dunha secuencia silábica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de atroz.

    2. Acto atroz pola súa crueldade ou inxustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Australia que ocupa a parte occidental do país (2.525.500 km2; 1.726.095 h [1995]). A súa capital é Perth. Unha gran parte do seu territorio está ocupada polo deserto. Os ríos máis importantes son o Ord, o Fortescue e o Murchison. Os principais recursos económicos son os cereais, a gandería (ovina e bovina), o ouro, que se encontra na rexión de Murchison-Kalgoorlie, e o uranio de Wiluna. Australia Occidental foi fundada en 1829 como establecemento británico; no 1901 converteuse en estado da Commonwealth de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de auténtico.

    2. Termo aplicado por algúns filósofos á existencia humana para designar o carácter do home cando chega a ser aquilo que é autentico e radical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anuncios que frecuentemente realizan os medios de comunicación, especialmente os canais de televisión, co fin de dar a coñecer a próxima emisión dun novo programa ou para destacar a calidade dos seus contidos informativos ou de entretemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade rítmica espontánea que presentan as neuronas corticais illadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de avivecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera axente químico ou físico que pode causar a morte das bacterias, como os antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecidio orixinado como resposta a unha invasión bacteriana; moitas veces prodúcese sobre un tecido lignificado, como os producidos por bacterias do xénero Pseudomonas na oliveira.

    VER O DETALLE DO TERMO