Asociación de Autocontrol de la Publicidad
Asociación de Autocontrol de la Publicidad
Nome científico:
[AAP]
Asociación profesional fundada en 1977 de carácter non lucrativo constituída por anunciantes, medios de comunicación e axencias de publicidade de España, co fin de velar polo exercicio ético da profesión publicitaria, respectando os principios dos códigos deontolóxicos, de xeito similar ás que existen noutros países da Unión Europea. Dentro da asociación funciona o xurado de autocontrol, que se rexe polo Código de Conduta Publicitaria aprobado o 19 de decembro de 1996, e que ten a finalidade de solucionar as posibles demandas dos consumidores, derivadas da elaboración e difusión das campañas publicitarias dos anunciantes.