Asociación de Amigos de la Ópera
Sociedade creada no ano 1952 por un grupo de afeccionados, apoiados polo concello da Coruña, co fin de coordinar e dar continuidade ás representacións de ópera. É a primeira asociación de España no seu xénero. Iniciou as súas actividades co I Festival de Ópera (1953). O seu presidente ata 1998 foi Cristino Álvarez Hernández ata 1998. En 1999 foi elixido presidente Antonio Vasco Pardavila. Organiza concertos, conferencias, exposicicións e programas didácticos para colexios. Polos seus festivais e concertos pasaron moitas das grandes figuras do mundo operístico (Teresa Berganza, Montserrat Caballé, Piero Capucilli, Alfredo Kraus, Bianca Berini, Carlo Bergonzi e Leo Nuci). Representaron, entre outras, as óperas Il Trovatore (O Trobador) e Tosca e I Pagliacci (Os Pallasos).