Australia Occidental

Australia Occidental

Estado de Australia que ocupa a parte occidental do país (2.525.500 km2; 1.726.095 h [1995]). A súa capital é Perth. Unha gran parte do seu territorio está ocupada polo deserto. Os ríos máis importantes son o Ord, o Fortescue e o Murchison. Os principais recursos económicos son os cereais, a gandería (ovina e bovina), o ouro, que se encontra na rexión de Murchison-Kalgoorlie, e o uranio de Wiluna. Australia Occidental foi fundada en 1829 como establecemento británico; no 1901 converteuse en estado da Commonwealth de Australia.