"Deo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 204.

    1. Relativo ou pertencente aos lemuroideos.

    2. Mamífero do grupo dos lemuroideos.

    3. Grupo de prosimios, da orde dos primates, de pequeno ou medio tamaño, que acadan ata 90 cm de lonxitude e teñen o fociño longo. Son insectívoros, carnívoros e fruxívoros e de costumes nocturnos e arborícolas. Habitan nos bosques de Madagascar. Sen categoría taxonómica, inclúe as familias dos lemúridos e os índridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macrodasioideos.

    2. Metazoo da orde dos macrodasioideos.

    3. Orde de metazoos asquelmintos, gastrotriquios, de corpo alongado, deprimido e recuberto de numerosas glándulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica que forma na súa desembocadura a ría de Betanzos. Nace na parroquia de Roade (Sobrado) e baña os concellos de Sobrado, Curtis, Oza dos Ríos, Aranga, Coirós, Irixoa, Paderne e Betanzos, onde desemboca, na parroquia de Tiobre, tras un percorrido de 52 km. Discorre formando ao límite natural entre os concellos de Aranga e Irixoa, e Coirós e Paderne. Entre os seus afluentes está o Dombrete, o Maizoso e o Ramalleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mandeísmo.

    2. Seguidor do mandeísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mantoideos.

    2. Insecto da suborde dos mantoideos.

    3. Suborde de insectos, da orde dos ditiópteros, formado por individuos que presentan un corpo de tamaño medio ou grande e un primeiro par de patas moi fortes e longas. Son propios das rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á apófise mastoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do tubo dixestivo dos artrópodos, de orixe endodérmica, que se sitúa entre a porción proximal ou estomodeo e a porción distal ou proctodeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Estudou en Livorno, Florencia e Venecia e en 1906 trasladouse a París, onde recibiu a influencia de Cézanne, Toulouse-Lautrec e Picasso. Viviu en Montparnasse unha vida bohemia de fame e miseria, e morreu tuberculoso. Pintou practicamente só nus, cabezas de muller e retratos dos seus amigos, mediante un trazo lineal que subliñaba as formas, pintadas con temperanza en tons ocres, azuis, brancos e negros. A súa obra escultórica, iniciada co seu amigo C. Brâncuşi (1909), revelou un espírito e unha temática semellantes á súa pintura, como en Testa (1912). Entre os seus cadros destacan Nudo sdraiato a braccia aperte, Lolotte e Ritratto de Jean Cocteau, os tres de 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta unha soa cuberta floral.

    2. Planta de flores monoclamídeas.

      1. Relativo ou pertencente ás monoclamídeas.

      2. Planta do grupo das monoclamídeas.

      3. Grupo de dicotiledóneas integrado por diversas ordes de plantas de flor aclamídea ou monoclamídea, xeralmente leñosas e anemófilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Uruguay e do departamento homónimo, situada no esteiro de Río de La Plata, no punto onde se abre ao Atlántico, sobre a baía de Montevideo (1.303.182 [1996]). A onda inmigratoria da segunda metade do s XIX provocou o desenvolvemento da cidade (9.000 h [1830]; 300.000 h [1890]). A función urbana principal, á parte da político-administrativa, é a comercial, orientada sobre todo á exportación de produtos de base como la, coiro e carne, cara ás áreas consumidoras europeas. Ata un certo punto, a cidade queda sometida á influencia de Bos Aires, do outro lado do estuario. Fundada en 1726 por Bruno Mauricio de Zavala, foi atacada frecuentemente por indios, portugueses e brasileiros. Diversas medidas administrativas aprobadas durante a segunda metade do s XVIII impulsaron definitivamente o crecemento da cidade, que en 1810 e 1811 se converteu na capital de Uruguay. Ocupada diversas veces, sobre todo polos brasileiros (1816-1828), entre 1843 e 1851 foi asediada polas forzas do xeneral Manuel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (530 km2; 1.344.839 [1996]). A súa capital é Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nautiloideos.

    2. Molusco da subclase dos nautiloideos.

    3. Subclase de moluscos cefalópodos tetrabranquios, con cuncha externa, enrolada en espiral e dividida en tabiques por septos. As cámaras delimitadas están atravesadas por un tubo, sifón, que é unha prolongación da masa visceral e que se enche de gas, de tal xeito que adquire flotabilidade. Os primeiros representantes apareceron hai máis de 500 millóns de anos (Cámbrico superior), alcanzaron a maior diversidade durante o Silúrico e Ordovícico. Actualmente só perduran dous xéneros, Nautilus e Allonautilus, considerados fósiles vivintes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico italiano. De nome Salvatore Amedeo Buffa, caracterizouse por interpretar a heroes domésticos, bondadosos e honorables. Deuse a coñecer con Cavalleria (1936), e despois participou en Il bandito (1946), Il brigante Mussolino (1950), Processo alla città (1952), Le notti de Cabiria (1957), Odio mortale (1962), Il gaucho (1964), Nina (1976) e Melodrammore (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nectonematoideos.

    2. Verme da orde dos nectonematoideos.

    3. Orde de vermes, do filo dos nematomorfos, que presentan dúas liñas epidérmicas, unha dorsal e outra ventral. Están provistos de sedas para a natación e os adultos habitan libres nas augas mariñas litorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro de dimensións reducidas que, na antiga Grecia, era destinado ás audicións musicais. Arquitectonicamente repetía a forma do teatro grego clásico, pero adquiría un desenvolvemento vertical máis notable e ofrecía, na escena, unhas dimensións máis reducidas. En Atenas, Pericles ordenou construír un arredor de 422 a C e Herodes Ático fixo construír outro ao pé da Acrópole. Algúns estaban cubertos, como o de Gortina, Éfeso, Epidauro, Patras e Pompeia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ofiuroideos.

    2. Equinodermo da clase dos ofiuroideos.

    3. Clase de equinodermos que está formada por animais de corpo estrelado, cun disco claramente diferenciado dos brazos, carácter que os distingue dos asteroideos. Os brazos, grazas aos que ten lugar a locomoción, son longos, serpentiformes e subcilíndricos, e xeralmente cinco, provistos de placas articuladas e, ás veces, tamén de pinchos. Os ofiuroideos son todos bentónicos, xeralmente litorais e comúns en todos os mares. Habitan agachados entre as rochas, algas e outros obxectos, ou ben enterrados na lama. Aliméntanse de invertebrados do fondo e de detritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo que vai desde a omoplata ata o óso hioide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento conxunto das ondas no mar, que se produce pola acción do vento sobre a súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paracrinoideos.

    2. Equinodermo da clase dos paracrinoideos.

    3. Clase de equinodermos, do subfilo dos pelmatozoos, que poden ser considerados crinoideos primitivos. Pertencen ao Ordovícico medio e téñense atopado, sobre todo, en América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO