lemuroideo -a
lemuroideo -a
-
adx
Relativo ou pertencente aos lemuroideos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero do grupo dos lemuroideos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Grupo de prosimios, da orde dos primates, de pequeno ou medio tamaño, que acadan ata 90 cm de lonxitude e teñen o fociño longo. Son insectívoros, carnívoros e fruxívoros e de costumes nocturnos e arborícolas. Habitan nos bosques de Madagascar. Sen categoría taxonómica, inclúe as familias dos lemúridos e os índridos.