Lena

Lena

Municipio de Asturias, situado ao N da Cordilleira Cantábrica (13.573 h [2001]). A cabeza do municipio é Pola de Lena. Ten dous núcleos diferenciados, Lena de Arriba, forestal e gandeiro, e Lena de Abajo, centro mineiro. Do seu patrimonio cultural destaca a ermida de Santa Cristina de Lena, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1885 e a igrexa de San Martino de Villallana (BIC, 1982).