leña
leña
(< lat ligna)
-
s
f
Parte dura dos vexetais que, cortada e torada, se destina a facer lume. Na tradición oral recóllense ditos como: “A leña canto máis seca máis arde. Leña verde e xente nova/moza, todo é fume. Quen fai leña en ruín lugar, ao lombo ten que a sacar”.
-
s
f
Conxunto de golpes que se dán nunha pelexa ou a alguén como castigo.
Frases feitas
-
Andar buscando leña para queimarse. Meterse nunha situación da que non se pode saír con éxito.
-
Andar buscando leña para queimarse. Meterse nunha situación da que non se pode saír con éxito.
-
Botar leña ao lume. Facer que algo se incremente.
-
Botar leña ao lume. Facer que algo se incremente.
-
Dar/Repartir leña. Agredir.
-
Dar/Repartir leña. Agredir.
-
Ser coma a leña. Ser astuto.
-
Ser coma a leña. Ser astuto.