Lena, Santa Cristina de

Lena, Santa Cristina de

Ermida situada en Pola de Lena (Lena). De estilo prerrománico, foi construída en tempos de Ramiro I. Ten planta de nave única en forma de cruz. No interior destaca o iconostasio, situado nunha posición elevada á que se accede por unhas escaleiras nos extremos, e que está composto por dúas series de arcos superpostas. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1885, é, xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Principado de Asturias, Patrimonio da Humanidade desde 1985.

Palabras veciñas

Lena | Lena | leña | Lena, Santa Cristina de | leñador -ra | Lenard, Philipp | Lenau, Nikolaus