"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

    1. Que ou quen entende.

    2. Terceira das catro fases que conforman o proceso gradual que debe superar na lírica medieval o namorado-trobador para acadar o joi (estado de ledicia interna na que se mergullaba o amante ao ser aceptado pola dama). O termo procede dun salutz d’amor anónimo occitano (“Domna vos m’aves et amor”, 1246-1265), en que Amor afirma que o namorado ten que pasar por catro graos evolutivos: “Quatro’scolos a en amor: / Lo premiers es de feignedor / E. l segons es de prejador / E lo ters es d’entendedor / E al quart es drutz apelatz”. No primeiro grao (fenhedor), o trobador, por medo ou timidez, non ousa dirixirse á dona para facerlle saber o seu sentimento cara a ela; no segundo (pregador), a dama dálle ánimos ao namorado para que exprese a súa paixón; no terceiro (entendedor), a dona concédelle algún agasallo persoal como unha luva, un anel ou unha cinta; no cuarto (drutz), a dama acepta o namorado no leito. Xa que logo, o entendedor é o namorado consentido, o que está nunha situación óptima de igualdade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de entender ou entenderse.

    2. Bo xuízo e sentido común para obrar e xulgar de maneira correcta.

    3. Facultade dos seres humanos que permite pensar, comprender e razoar. Na filosofía medieval era a facultade da función intelectual. No empirismo relacionouse coa intuición e limitouse ao terreo da pura percepción. Para E. Kant estrutura os contidos da experiencia e contraponse á razón, e para G. W. F. Hegel é o pensamento finito limitado pola contradición.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Percibir unha cousa ou o que di unha persoa e verificalo coa intelixencia. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada un entende o que lle convén e non sempre lle sae ben. No entender o primeiro; no falar o derradeiro. Para entender de presos carcereiros vellos.”

      2. Captar o significado de algo. OBS: Normalmente, úsase cos adverbios ben e mal.

      3. Poder saber o que se fala nun idioma estranxeiro.

      4. Saber os motivos de algo.

      5. Encontrar explicable e normal algo, como unha actitude ou un sentimento.

    1. Deducir alguén algo que se enuncia de forma indirecta.

    2. Considerar alguén a idea que se expresa.

    3. Opinar algo.

    4. Coñecer a alguén e saber cómo hai que tratalo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar a primeira arada á terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cenlle baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do distrito de Braga, Portugal, na foz do río Cávado (30.101 h [1991]; 2.789 h na vila). O sector agropecuario constituíu tradicionalmente a base da súa economía, que a finais do s XX comezou a virar cara ao turismo grazas ao aproveitamento dos seus recursos naturais, especialmente a súa praia, unha das máis concorridas do N de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Ribadavia. baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo pase a ocupar máis espazo ou superficie.

    2. Esparcir algo que estaba xunto ou amoreado.

    3. Estirar ou despregar algo que estaba recollido ou encollido. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada un estende a manta, según é a cama”.

    4. Conseguir que unha idea ou pensamento se propague a máis lugares ou persoas.

    5. Facer alguén máis amplos ou vastos os propios coñecementos ou ideas.

    6. Cubrir un documento.

    7. Pasar a ocupar algo máis espazo ou superficie.

    8. Ocupar algo certa cantidade de tempo.

    9. Facer que unha idea ou pensamento se propague a máis sitios e a máis xente.

    10. Falar ou escribir detalladamente e por extenso sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen expende.

    2. Máquina ou aparato que expende pequenas mercadorías como tabaco, lambetadas ou bebidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empregar os cartos en algo.

    2. Despachar ou vender determinadas mercadorías polo miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prestación de traballo de utilidade común realizada en terras directamente dependentes do señor feudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se encarga da administración dunha facenda.

    2. Dono dunha facenda.

    3. Persoa que coida con agarimo a súa casa e procura o seu proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Debutou en Múnic en 1961 e cantou nos principais teatros europeos e estadounidenses. Do seu repertorio destacan as óperas de W. A. Mozart e R. Strauss.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político consituído en xullo de 1975 por sectores do centro e da dereita saídos do franquismo. O grupo constituíuse a partir da Lei de Sociedades Anónimas e presentouse en Santiago no mes de agosto. Manuel Fraga Iribarne ocupou a presidencia ata ser nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Carlos Arias Navarro. Xunto ao Gabinete de Orientación y Documentación Sociedad Anónima, formou o partido político Reforma Democrática en 1976, con carácter centrista, aínda que estaba formado por personalidades saídas da ditadura, que en outuno de 1976, xunto a outros partidos, formou Alianza Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación xurdida no seo de Asociación Galega da Muller (AGM) trala Asemblea Nacional de 1978, que contiña diversas correntes ideolóxicas dentro do feminismo independente galego. Nos anos oitenta conformáronse dúas traxectorias diverxentes, unha arredor das figuras de Ana Fernández e Pascuala Campos, e outra de María Xosé Queizán, artífice da legalización das siglas do colectivo en 1989. A partir de 1983 editou a revista ES-TRAD;mso-fareast-language: Festa da Palabra Silenciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenda pequena e estreita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que fende.

    2. Útil fabricado con talla de tipo amplo que conserva ao córtex orixinal na súa maior parte e que serve para fender. É característico dos pebble tools do Paleolítico Inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: fenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado a partir de maio de 1977 en Santiago de Compostela polo Movemento de Estudantes Cristiáns Galegos (MECG). O seu obxectivo fundamental era ofrecer información sobre a historia do grupo e achegarse á sociedade nun intento por limitar todas as estruturas de poder. Ademais dos contidos propiamente relixiosos, incluíu información sobre convivencias (Taizé, Ávila, Valladolid, etc), encontros con outros grupos cristiáns, bibliografía, poemas, referencias a diversos literatos galegos e artigos relacionados coa historia e a cultura de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO