"Erica" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 147.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estadounidense de aviación fundada en 1927 para dar servizo á liña Florida-Cuba, a primeira internacional de EE UU. A partir de 1945 iniciou a diversificación das súas actividades, dedicándose á hostalaría e aos programas espaciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político, económico e cultural que aspira á unión dos pobos de América. A súa orixe foi atribuída a Simón Bolívar, que en 1826 convocou en Panamá os representantes das novas repúblicas americanas para intentar establecer a unión das confederacións. En 1910 creouse a Unión Panamericana con sede en Washington e presidida polo secretario de estado dos EE UU. En 1948 fundouse a Organización dos Estados Americanos. O Mercado Común Centroamericano (1960), a Asociación Latinoamericana de Integración (1980) e o Pacto Andino (1969) preveñen a integración gradual das economías dos estados membros.
-
-
Relativo ou pertencente ao panamericanismo.
-
Partidario do panamericanismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao conxunto formado por América do Norte, América Central e América do Sur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao pericardio.
-
-
Escisión parcial ou completa do pericardio.
-
Decorticación do corazón nas pericardites crónicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana serosa que envolve o corazón e a raíz dos grandes vasos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de diagnose ou tratamento de enfermidades do pericardio que presentan derramo (hemático, purulento ou seroso) dentro do saco pericardíaco, que consiste na punción e aspiración do pericardio por medio dunha agulla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do pericardio, aguda ou crónica, seca ou con derramo (seroso, purulento ou hemorráxico), a causa de infeccións (tuberculose, virus), neoplasias, colaxenoses ou traumatismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do froito que envolve a semente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de pus e de gas na cavidade pericárdica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pleurite e pericardite simultáneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pneumopericardio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de aire ou de gas no pericardio, debido a feridas torácicas penetrantes ou ben a perforacións de esófago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial de comunicación creado tras a compra da Editorial Prensa Canaria en 1978. Inserido dentro do Grupo Moll, a corporación constituíuse a partir de cabeceiras franquistas, daquela con problemas económicos, e doutras de nova creación (La Opinión A Coruña, La Opinión de Granada), que conformaron unha rede de 19 cabeceiras locais e rexionais, algunhas delas líderes nas súas provincias (La Nueva España, Levante ou Faro de Vigo) e unha de carácter deportivo (Super Deporte). O grupo tamén opera en Portugal (A Capital e O Comércio de Porto), mantén intereses no mundo editorial (Alba Editorial) e posúe varias frecuencias radiofónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de quilo no pericardio, por obstrución ou rotura da canle torácica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa estadounidense creada en 1919. Dedicouse desde os primeiros tempos á explotación de cadeas de radiofonía e diversificou despois as súas actividades cara á electrónica, o material de comunicación e a discografía. En 1926 creou a National Broadcasting Company (NBC), dedicada á produción televisiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea privada de emisoras de difusión nacional. Como Cadena Ibérica foi a primeira emisora que comezou a funcionar en España, o 10 de novembro de 1924, baixo o indicativo EAJ-2. Emitiu desde Madrid ata o 5 de abril de 1925, data en que suspendeu as súas emisións. Reiniciou a programación a partir de 1927. Tras numerosas dificultades económicas, pasou a ser xestionada pola sociedade Unión Ibérica de Radio, sociedade titular de Radio España. O 20 de setembro de 2001, a sociedade xestora da cadea e Onda Cero chegaron a un acordo para a difusión da programación de Onda Cero a través das 19 emisoras de Radio España, complementando os seus contidos coa programación de Onda Cero Música e Europa Fm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1921 que cesou en agosto de 1923 (nº32). Dirixida por J. J. Casal, foi promovida pola Casa América-Galicia, unha asociación rexional de carácter hispanoamericano orientada ao comercio de Galicia con América, onde o propio Casal era o seu secretario xeral. Continuadora de América-Galicia, centrouse na actividade consular e no comercio portuario da Coruña. Completaba os seus contidos con artigos literarios e ilustracións que, a partir do número 25, acadaron maior peso. A revista converteuse nunha publicación literaria vangardista aberta á participación dos autores de toda Hispanoamérica, cunha especial dedicación á poesía. Sucedeuna en 1932 Alfar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Illas orientais do arquipélago de Samoa, que forman un territorio non incorporado de EE UU (199 km2; 68.000 h [estim 2001]). A súa capital e Pago Pago (9.000 h [1994]) e a residencia do goberno está en Fagatogo (2.323 h [1990]). Inclúe as illas Tutuila co illote Aunu’u, o grupo de Manua e o atol de Rose. Son as menos poboadas de Samoa. O 96,6% da exportación (absorbida por EE UU) é de atún en conserva.