panamericanismo
panamericanismo
(
s
m
[HIST/POLÍT]
Movemento político, económico e cultural que aspira á unión dos pobos de América. A súa orixe foi atribuída a Simón Bolívar, que en 1826 convocou en Panamá os representantes das novas repúblicas americanas para intentar establecer a unión das confederacións. En 1910 creouse a Unión Panamericana con sede en Washington e presidida polo secretario de estado dos EE UU. En 1948 fundouse a Organización dos Estados Americanos. O Mercado Común Centroamericano (1960), a Asociación Latinoamericana de Integración (1980) e o Pacto Andino (1969) preveñen a integración gradual das economías dos estados membros.