"Erte" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 135.
-
PERSOEIRO
Pintor e escritor italiano. Coñecido como Filippo de Pisis, aproximouse á pintura veneciana e á de Maurice Utrillo. Realizou naturezas mortas ante unha paisaxe mariña. Destacan La grande conchiglia (1927), Rose per terra (1938) ou Ritratto di Allegro (1940). De formación humanista, foi autor de La Pittura Moderna (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das pezas óseas que envolven ou substitúen a notocorda dos vertebrados e forman, en conxunto, un eixe óseo, denominado columna vertebral. Cada vértebra consta dun corpo vertebral, un par de proxeccións dorsais que se unen posteriormente para formar un arco neural, por onde pasa a medula espiñal, unha apófise espiñosa e un par de proxeccións ventrais. Nos vertebrados inferiores, peixes e anfibios, e na cola dos réptiles e dos mamíferos, as proxeccións ventrais únense para formar o arco hemal, por onde pasan os vasos sanguíneos.
-
-
Que está provisto de columna vertebral.
-
-
Relativo ou pertencente aos vertebrados.
-
Cordado do subfilo dos vertebrados.
-
Subfilo de cordados en que a notocorda se substitúe por unha columna vertebral, que está constituída por cartílagos cun cranio no extremo anterior. Comprenden as clases dos condritios, osteíctios, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
-
-
Que está organizado ou estruturado segundo algún criterio determinado.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás vértebras.
-
columna.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dotar algunha cousa de estrutura ou cohesión interna ao organizar as súas distintas partes ou elementos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vertedoiro.
-
-
Especie de pía que hai nas cociñas que se emprega para lavar a louza.
-
Lugar onde se verte ou acumula o lixo, o cascote ou calquera outro material inservible.
-
Lugar por onde desauga o líquido cara ao conduto de saída.
-
-
-
Acción e efecto de verter.
-
Substancia inservible que queda despois de realizar un tratamento químico ou industrial.
-
-
-
Costeiro que, nun val, une a vagoada e a carena. O interfluvio está constituído por dúas vertentes, separadas ou non por unha superficie chá nos fondos do val. O aspecto das vertentes depende da estrutura e da composición litolóxica do terreo e tamén, dun xeito especial, do clima e da vexetación.
-
Cada un dos lados inclinados dun tellado que verten as augas en distintas direccións.
-
Corrente ideolóxica ou punto de vista respecto a un asunto.
-
-
-
Botar un líquido ou unha substancia dun recipiente para outro.
-
Provocar de xeito involuntario que caia ou saia o contido dun recipiente.
-
Perder o seu contido un recipiente que está roto ou que ten algunha imperfección.
-
Desembocar unha corrente de auga noutra, xeralmente de maior tamaño.
-
Facer a tradución dun texto dunha lingua a outra.
-
Expresar unha idea ou opinión sobre un asunto.
-
Correr un líquido cara a un punto determinado como consecuencia da inclinación da superficie sobre a que discorre.
-
Botarse por fóra o contido dun recipiente espallándose por unha superficie.
-
-
LOCALIDADES
Localidade de Hungría, situada ao O de Budapest, onde en 1963 foi descuberto un xacemento arqueolóxico correspondente á glaciación Mindel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Punto saxital que nos estudos craniométricos ou somatométricos representa o punto máis elevado da cabeza.
-
Punto máis alto da cabeza dos insectos, onde se unen a fronte e o epicranio.
-
-
GALICIA
Ensaísta e historiador. Militou nas Juventudes Republicanas. Tras a Guerra Civil Española dedicouse ao ensino e colaborou na revista Posío, onde elaborou a sección “Orensanos ilustres”. Despois de gañar en 1951 un concurso do Centro Galego de Bos Aires co traballo Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (1953), viviu en Bos Aires (1954-1982). Profesor de lingua e literatura galego-portuguesa na Universidad Nacional de La Plata, desempeñou a cátedra de Cultura Gallega no Centro Lucense de Bos Aires (1956-1959). Foi catedrático de historia medieval e moderna na Universidad Nacional del Nordeste, director do Instituto de Investigaciones Históricas e catedrático de Historia Medieval e Historia de España na Universidad Nacional del Sur. Participou nos programas radiofónicos Galicia Emigrante e presidiu a comisión de Cultura do Consello de Galicia. Publicou Los gallegos en la Argentina (1966). Obtivo o Premio Nacional de Historia (1936) cun estudo sobre o padre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do francés Gilbert, de orixe xermánica, quizais composto de gisil, de gaira ‘frecha, dardo’, e berht ‘célebre, ilustre’, ‘arqueiro célebre’, ou de will-berth ‘vontade ilustre’.
-
PERSOEIRO
Tsar de Bulgaria (1280-1290). Fundador da dinastía tertérida, cuñado e sucesor de Iván III Asen. En 1285 recoñeceuse vasalo do khan mongol nogai, o que provocou a desmembración de Bulgaria. En 1291 refuxiouse en Constantinopla, onde foi prendido por Andrónico II Paleólogo.
VER O DETALLE DO TERMO