Xurxo I Terter de Bulgaria

Xurxo I Terter de Bulgaria

Tsar de Bulgaria (1280-1290). Fundador da dinastía tertérida, cuñado e sucesor de Iván III Asen. En 1285 recoñeceuse vasalo do khan mongol nogai, o que provocou a desmembración de Bulgaria. En 1291 refuxiouse en Constantinopla, onde foi prendido por Andrónico II Paleólogo.