"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

    1. Que carga.

      1. Persoa que se dedica a cargar mercadorías.

      2. Persoa que embarca mercadorías en réxime de carga xeral para que sexan conducidas ao punto de destino. Este termo refírese, fundamentalmente, ao transporte terrestre fronte a fretador, que se reserva para o marítimo.

      1. Instrumento ou instalación que serve para cargar.

      2. Dispositivo das armas automáticas e semiautomáticas que contén os proxectís que se van metendo sucesivamente na cámara.

      3. Culler coa que se introducía a pólvora nos canóns de artillería.

      4. cargador de baterías

        Aparello que serve para cargar baterías de acumuladores mediante enerxía eléctrica da rede de corrente alterna. Está formado por un transformador e por un ou máis rectificadores. Adoitan ser automáticos, de xeito que regulan a tensión de saída e limitan a corrente de carga por debaixo do valor máximo permitido.

    2. Soldado que introduce a carga nunha peza de artillería.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto dramático co que Miguel Anxo Fernán-Vello gañou no ano 1989 o III Premio de Teatro A Biblioteca do Arlequín promovido pola editorial Sotelo Blanco e polo concello de Santiago de Compostela. Subtitulada “Drama fantástico”, a peza divídese en dez escenas e un final, aínda que a décima está subdividida noutras sete didascalias semellantes á do final. A historia céntrase nunha familia da Fisterra galega, composta por unha nai, a súa filla e os espectros dos familiares mortos: o pai, paseado polos fascistas durante a Guerra Civil e a filla maior que morrera afogada. Con esta obra, Fernán-Vello inicia unha nova etapa na súa carreira, que pasa dunha escrita máis formal, chea de xogos metateatrais, a unha marcada tendencia ao lirismo e á vontade de explorar novas temáticas. Foi publicada en 1990 e representada polo Centro Dramático Galego no ano 1991, baixo a dirección de Manuel Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de castigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen castiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se encarga da catalogación nunha biblioteca, arquivo, museo ou calquera outra entidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que cega momentaneamente debido ao seu brillo ou intensidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de centrifugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen centrifuga.

    2. centrífuga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de chapugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chegar. Ex: Onte agardamos a súa chegada, pero non veu ata hoxe.

    2. Primeiro momento ou aparición dalgunha cousa. Ex: Comezou a escurecer coa chegada do solpor.

    3. Lugar de destino dos competidores que corren en determinados deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de chegar ou chegarse.

    2. Aplícase ao froito que xa acadou a cor e o sabor que o caracterizan e que está apto para a súa recolección.

    3. Que está a unha distancia próxima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble ou utensilio de metal, madeira ou calquera outro material que serve para colgar pezas de roupa, chapeos ou complementos.

    2. Gancho ou calquera outro obxecto que serve para colgar del algunha cousa. Ex: O colgadoiro estaba cheo de peixes secos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tea que se colga nos balcóns ou nas paredes nas celebracións. Ex: O día da festa os balcóns énchense de colgaduras.

    2. Tea ou tapiz que cobre as paredes interiores como elemento decorativo. Ex: As paredes do pazo tiñan unhas fermosas colgaduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de coligar.

    2. Aplícase aos membros dunha coligación. Ex: Os países coligados chegaron a un acordo en pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza entre dúas ou máis persoas de forma secreta e cunha finalidade inmoral ou ilícita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Emigrante en Bos Aires, foi catedrático de Xeografía Marítima na Escuela Naval Militar e colaborador na prensa (El Correo Español, La Prensa Española e La Opinión). Escribiu, entre outras obras, Influencia del descubrimiento de América en el proceso de la civilización (Premio do Centro Educacionista Popular de Concordia, 1892) e Los municipios en la América española (1899). Como poeta elaborou varias composicións en galego e castelán para diversas publicacións (“O que foi”, “Fóra do niño” e “Os porcos vencedores”). Foi membro correspondente da Real Academia Galega en Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de conxugar ou conxugarse.

      1. Aplícase a dúas magnitudes (puntos, curvas, cantidades, estruturas, operadores, etc) enlazadas mediante algunha lei ou relación determinada.

      2. números conxugados

        Dous números alxébricos, sobre un campo dado, se son raíces da mesma ecuación irredutible con coeficientes no campo. Así, os números complexos a+bi, a-bi son conxugados sobre o campo real, posto que son raíces da ecuación X 2 -2aX+(a 2 +b 2 )=0.

    2. Aplícase ao punto imaxe dun sistema óptico, respecto ao correspondente punto obxecto, e viceversa.

    3. Aplícase á antipartícula con respecto á súa correspondente partícula, e viceversa.

    4. Aplícase a cada un dos dous ou máis enlaces dobres dunha cadea, separados entre eles por un só enlace simple, como o 1,3-butadieno (CH 2 =CH-CH=CH 2 ) ou o 1,3,5-hexatrieno. Os sistemas de enlaces dobres conxugados, caracterizados polo solapamento dos orbitais π a través do enlace simple formal, outórganlle maior estabilidade á molécula por mor do fenómeno da deslocalización.

    VER O DETALLE DO TERMO