"Gil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

  • PERSOEIRO

    Metropolita de Kiev (1634-1646). En 1627 fíxose monxe do mosteiro Pečers’kaja Lavra de Kiev, onde chegou a ser arquimandrita e fundou (1631) unha escola que despois pasaría a ser a Academia Eclesiástica de Kiev. Traballou para fortalecer a Igrexa Ortodoxa fronte ao catolicismo e ao protestantismo en Ucraína occidental. Destaca a súa obra Confesión de fe ou Gran Catecismo, que tivo unha gran difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de La Fayette. Foi comandante da Garde National de París (1789) e liderou o grupo de políticos moderados que intentou, sen éxito, un compromiso coa monarquía. Finalmente, enfrontouse co pobo no fusilamento do Camp de Mars (17 de xullo de 1791), feito que lle fixo perder definitivamente a popularidade. Na época da Restauración, foi unha das cabezas visibles do liberalismo e interveu nas accións que levaron á Revolución de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes perciformes, da familia dos muxílidos, que presentan o corpo verde prateado, alongado e cilíndrico, o fociño agudo con grosos labios, dentes e ollos pequenos, cabeza grande e bastante plana e as aletas pélvicas e anais de cor amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Sverdlovsk, Rusia, situada na beira do río Tagil (404.000 h [1997]). Fundouse en 1725 e é un centro siderometalúrxico que emprega o mineral de ferro dos xacementos dos Urais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Iniciou a súa andaina artística co ceramista conceptual Setsuko Nagasawa e axiña comezou a facer unha obra baseada en instalacións, happenings e estruturas, en que incorporou os materiais pobres e a fotografía. Foi pioneiro das instalacións e da arte máis experimental en Galicia, con achegas á pop art e á reinterpretación do ready made de Marcel Duchamp. Da súa obra destaca Fume (1991), Céspede artificial (1996) e a instalación Un e outro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Colaborador de diversos xornais e revistas, como Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, caracterizouse pola súa sensibilidade lírica. Publicou os libros de poemas Silencio (1932) e El sueño desanclado (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal e en 1939 foi tenente de alcalde. Perseguido polo Franquismo, estivo agochado e pasou dous anos nas prisións de Vigo e Pontevedra. Da súa produción destaca Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de publicidade creada en 1948 por David Ogilvy, que tomou como referencia a Axencia Hewitt, Ogilvy, Benson & Mather. En España posúe unha filial creada en 1991 co nome de Bassat, Ogilvy & Matter Comunicación. Xestiona a imaxe de empresas como Rolls Royce e American Express, a escala mundial, e Frigo, Ford e Danone, e as campañas publicitarias da Expo’92 de Sevilla e dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e decorador. Coñecido como o Borromini francés, foi o arquitecto decorador do rexente. A súa obra, na súa maior parte desaparecida, coñécese pola edición que J. Huquier fixo dos seus proxectos, en tres volumes, Petit Oppenordt, Moyen Oppenordt e Grande Oppenordt, comezada en 1737 e rematada despois da súa morte. Decorou os salóns do Palais-Royal e trazou a planta de Saint-Germain-des-Prés de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. As súas paisaxes, realizadas á acuarela, destacan pola súa concreción, polo seu cromatismo e por reflectir a nitidez a realidade visible. En Pontevedra colaborou con ilustracións na revista Spes e da súa obra destaca O Tambre (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi deputado nas Cortes polo distrito da Fonsagrada, en cinco ocasións entre 1881 e 1899, e senador en doce lexislaturas entre 1899 e 1923 por Lugo. Pertenceu ao Partido Liberal de P. M. Sagasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e psicólogo. Introdutor da foniatría en España, presidiu a Asociación Internacional de Logopedia e Foniatría (1974). Escribiu o tratado Audifoniatría y logopedia en once volumes (1968-1995). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Pontificia de Salamanca (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Perezgil, destacou como debuxante e paisaxista e inspirouse na figura de Mayakowsky. Evolucionou desde o impresionismo cara a unha maior liberdade expresiva dentro do campo da figuración. Pintou Caletas y carro en la era e Kiosko de flores (1968), e escribiu Bestiario. Recibiu o Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Pérez Gil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo francés. Obtivo un grande éxito coas comedias Les petits auvergnats (1797), Coelina, ou l’enfant du mystère (1801), Le chien de Montargis (1814), Le mont sauvage (1821) e outros melodramas, polo que está considerado un dos creadores deste xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano, irmán de Bruno e Guido Pontecorvo. Dirixiu La grande strada azzurra (1957), Kapó (1959) e La battaglia d’Algeri (1966), filme gañador do Festival de Venecia. Grazas a este éxito puido rodar Queimada (1969), en que critica o colonialismo, e Ogro (1979), sobre o atentado contra o almirante Carrero Blanco. Na liña de testemuña política dirixiu The Devil’s Bishop (1987). Outros filmes destacados son Nostalgia di protezione (1997) e Firenze, il nostro domani (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora da arte estadounidense. Estudou a arte española do Renacemento e o Barroco e a escultura moderna estadounidense. Conservadora de escultura de The Hispanic Society of America de Nova York, catalogou e publicou os seus fondos. Foi académica correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972) e da Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Escribiu Gregorio Fernández (1920), Escultura castellana, Del gótico al Renacimiento (1951), e Juan Martínez Montañés (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Ellen Burstyn, formouse no Actors Studio. Participou nos filmes Tropic of Cancer (1970), The Exorcist (1973), Resurrection (1980), When a Man Loves a Woman (1994), Red Dragon (2002) e Cross the Line (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • á-Centauri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico francés. Relacionouse con físicos, como Marsenne, Fermat ou Pascal. Ideou un tipo de balanza que leva o seu nome e estudou a atracción entre partículas de materia. Determinou a área da cicloide e desenvolveu a teoría dos invisibles, para calcular áreas e volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO