Mohila Mogila

Mohila Mogila

Metropolita de Kiev (1634-1646). En 1627 fíxose monxe do mosteiro Pečers’kaja Lavra de Kiev, onde chegou a ser arquimandrita e fundou (1631) unha escola que despois pasaría a ser a Academia Eclesiástica de Kiev. Traballou para fortalecer a Igrexa Ortodoxa fronte ao catolicismo e ao protestantismo en Ucraína occidental. Destaca a súa obra Confesión de fe ou Gran Catecismo, que tivo unha gran difusión.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Moldavia

  • Deceso

    Lugar : Kiev