"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Sochantre e director do coro da Catedral de Lugo a mediados do século XIX. Foi tamén profesor de canto do seminario. A súa obra coñecida é Método del Canto llano para uso de los profesores de Canto en los Seminarios Conciliares y Clero parroquial, escrito en una sola clave, la de Do en cuarta y sin accidental alguna, publicado na Coruña na segunda metade do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía (Rimas y sonetos rezagados, 1962; Apartada orilla, 1976, e Poesía casi completa, 1980); o teatro (La niña guerrillera, 1945) e a crítica de arte, pese a que o máis característico da súa creación é o ensaio (Fronteras infernales de la poesía, 1959; Al volver, 1962; El clavo ardiendo, 1974; Páginas de la guerra y el destierro, 1976; Calderón y cierra España, 1979, etc), onde, cun conceptismo verbal que desbota o exceso castizo, manifesta a súa preocupación pola continuidade da cultura castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Director do Museo Nacional de Ciencias Naturais. Membro do equipo que investiga dende 1990 o xacemento mesoplistocénico de Atapuerca (Burgos), onde se especializou na dentición fósil. En colaboración con Emiliano Aguirre e Eudald Carbonell coordinou El Hombre fósil de Ibeas y el Pleistoceno de la Sierra de Atapuerca (1987). En 1997 obtivo o Premio Príncipe de Asturias na modalidade de investigación e ciencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Estudiou na Escola de Belas Artes de Lyon. Cun estilo clasicista e moderno, de tendencia manierista, é autor do monumento a Miguel Servet (Viena 1907-1910), a Beethoven e da obra La jeune fille à la draperie (A rapaza máis nova na fábrica de panos, 1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Profesor na Escola Politécnica e secretario perpetuo da Academia das Ciencias. Estudiou temas de Xeometría, de Aritmética e Mecánica. A conxectura de Bertrand afirma que entre un número n ? 1 e o seu dobre 2n hai sempre, como mínimo, un número primo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico alemán. Foi pintor, debuxante e realizador de performances ou representacións. Catedrático de Escultura na Kunstakademie de Düsseldorf (1961-1972), elaborou unha arte que reprendía con orixinalidade a tradición dadaísta. Formou parte do grupo Fluxus, dedicado especialmente ao happening, co que realizou diversas accións. As súas actividades non se poden adscribir a unha tendencia concreta e determinada da arte moderna xa que toma cousas de moitas delas, especialmente da arte povera (‘arte pobre’), do Minimal Art e da arte conceptual. Entre as súas performances destaca How to Explain Pictures to a Dead Hare (Cómo explicar cadros a unha lebre morta, 1965). Foi un dos artistas que máis influíu na evolución da arte actual. Pertenceu ao partido ecoloxista dos Verdes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e deseñador. Fundou xunto a Carles Riart o estudo GRIS, no ano 1968, onde desenvolveu a súa faceta como deseñador industrial e de interiores. Manifestou o seu universo persoal baseándose no erotismo e no misticismo. Entre os seus filmes destacan: Tatuaje (1976), Bilbao (1978), Lola (1986), Las edades de Lulú (1990), cun grande éxito comercial, baseado na novela de Almudena Grandes, a triloxía “ibérica” composta por Jamón, Jamón (1992), gañadora dun León de Prata no festival de Venecia, Huevos de Oro (1993) e La Teta y la Luna (1994), co premio ao Mellor Guión Adaptado. Coa súa película Bámbola (1996), protagonizada por Valeria Marini, quixo iniciar unha nova triloxía dedicada á muller europea. En 1999 estreou Volavérunt.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico escocés. Identificou o dióxido de carbono como un gas diferente do aire e estableceu a diferenza entre óxidos e carbonatos. Definiu a calor do cambio de estado e a calor específica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou activamente na Guerra da Independencia contra os franceses ao mando do exército galego. Foi coronel dos voluntarios da Coruña e xefe supremo das forzas galegas (20.6.1808). Reorganizou as tropas galegas, eliminando a maior parte das unidades improvisadas e incorporando os voluntarios aos rexementos de liña ou ás milicias. Ao mando do exército galego enfrontouse cos franceses en Medina de Rioseco, onde foi derrotado e obrigado a retroceder ata Astorga; en Zornoza, batalla que libraron cos franceses trala toma de Bilbao foi obrigado á retirada cara a Galicia. Trala súa destitución á fronte do exército galego (15.11.1808), encargouse da defensa de València durante o asedio da cidade (1811-1812), actuación pola que recibiu duras críticas. Caída València, foi feito prisioneiro polos franceses ata 1814. Foi presidente do Consello de Estado e capitán xeneral de València durante o trienio constitucional (1821). Así mesmo, publicou diversos estudios de fortificación e táctica...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e poeta. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1960. Publicou Brumas de oro y gris (1961), Nostalgias en la bruma (1973) e Baladas de agonía (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Utilizou o pseudónimo de José María Blanco White. Foi cóengo en Cádiz e Sevilla e redactor de Semanario patriótico. Durante a invasión francesa fuxiu a Gran Bretaña e converteuse ao Protestantismo, fundou a revista El Español (1810-1814) e colaborou na prensa inglesa. A súa obra poética evolucionou dende o Neoclasicismo da escola sevillana (Corila, 1796), ata o Romanticismo dos últimos anos (Una tormenta nocturna en alta mar, 1829). En inglés escribiu, entre outras, Letters from Spain (Cartas dende España, 1822) e o famoso soneto “Mysterious Night” (Noite misteriosa).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José María Blanco Crespo.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo. Catedrático de Historia Antiga da Universidad Complutense de Madrid. É autor de numerosos traballos e libros sobre as épocas prerromana e romana da Península Ibérica. Entre os seus libros cómpre salientar os seguintes: Religiones primitivas de Hispania (1961), Tartesos y los orígenes de la colonización fenicia en Occidente (1968), La romanización (1974) e Historia económica de la Hispania romana (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da literatura e filólogo. Especialista na poesía castelá do Século de Ouro, publicou a edición crítica de toda a poesía de Quevedo (1969-1981), Herrera (1975) e Lope de Vega (1981). É tamén autor de Sobre el rigor poético en España y otros ensayos (1977) e La vida como discurso (1981). No ano 1993 recibiu o Premio Menéndez y Pelayo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo. Estudiou Medicina na Universidade de Coimbra. En 1849 entrou na Escola Politécnica de Lisboa como profesor de Zooloxía e reorganizou e desenvolveu o Museo Nacional de Lisboa (Museo Bocage), onde estableceu importantes coleccións científicas e dende onde organizou o ensino e a investigación no eido da Zooloxía en Portugal. En 1863 foi nomeado membro estranxeiro da Zoological Society de Londres. En 1865 describiu a esponxa Hyalonema lusitanica, recollida fronte ás costas portuguesas, que constituíu a primeira proba aceptada pola comunidade científica da existencia de vida abisal. Describiu máis de 200 especies animais novas, entre as que se atopa a salamántiga endémica galega Chioglosa lusitanica (1864), aínda que a maioría pertencían ás colonias portuguesas, particularmente ás africanas. Entre as súas numerosas publicacións, cómpre destacar Memoria sobre a cabra montez da Serra do Gerez (1857), Liste des mammifères et Reptiles observés en Portugal...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa carreira artística na radio de Caracas para debutar máis tarde no teatro, no cine e na televisión. Chegou a España a finais dos anos corenta e acadou o posto de primeiro actor na compañía do Teatro Nacional María Guerrero. Participou nos filmes: Alhucemas (1947), Agustina de Aragón (1950), Tres eran tres (1954), Hoy como ayer (1965), Aventura en las Islas Cíes (1966), Volver a empezar (1981), La Colmena (1982), Últimas tardes con Teresa (1983) e El último kamikaze (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Aos 24 anos obtivo un cargo real no Rosellón, onde escribiu algunhas obras para frauta e a cantata Les quatre saisons (As catro estacións). No ano 1723 estableceuse en París, onde, xunto con Mondonville e Rameau, foi un dos músicos máis apreciados do seu tempo. Foi músico da corte da duquesa do Maine, en Sceaux. Entre a súa produción destacan os ballets Don Quichotte chez la duchesse (Don Quixote na casa da duquesa, 1743), Daphnis et Chloé (Dafne e Cloe, 1747) e os grandes motetes Exaudiat te (1741) e Fugit nox (1742).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora coñecida como Fernán Caballero. Moitos dos seus relatos breves e novelas foron escritos bastantes anos antes da data da súa publicación, a miúdo nunha primeira versión anterior á redacción definitiva, no decurso da década de 1820. Entre a súa produción destacan as novelas La Gaviota (1849), Lágrimas (1850), Clemencia (1852), La familia Alvareda (1856) e Un verano en Bornos (1958); as compilacións de narracións breves, de tipo tradicional, Cuentos y poesías populares andaluces (1959), Cuentos, oraciones, adivinas y refranes populares e infantiles (1874) e literario, Relaciones (1857) e Cuadros de costumbres (1857), xunto cun amplísimo conxunto de cartas das que se publicaron diversos epistolarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joseph Bodin de Boismortier.
-
GALICIA
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad Complutense de Madrid, en ambos casos con premio extraordinario. É profesor emérito da cátedra de Dereito Civil da Facultade de Dereito do Centro Universitario Luis Vives (CEU). Entre 1956 e 1957 foi profesor de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela, onde fundou un Seminario de Dereito Civil Galego. Ampliou estudios nas universidades de Roma (1952), París (1954) e Bonn (1953-1957). En 1957 ingresou no Cuerpo de Investigadores Científicos do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), no Instituto Nacional de Estudios Jurídicos, en 1971 foi profesor de investigación e director do centro ata 1989. Foi secretario xeral do Istituto Giuridico Spagnolo di Roma (1964-1967), membro da Association Henri Capitant de París (1969), da International Law Association de Londres (1974), da European Science Foundation de Estrasburgo e do Internationales Institut für Rechts-und Vermaltungssprache...
VER O DETALLE DO TERMO