"Josep" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Discípulo de Albrechtsberger e de Haydn, foi kapellmeister da corte (1824-1833). Compuxo misas, oratorios, cantatas, cancións e unha ópera.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo xudeu. De orixe española, das súas obras destacan a compilación relixioso satírica do Séfer ha-měbaqqeš (Libro do escudriñador da verdade), Séfer ha-Nefes (Libro da alma) e Iggéret ha-musar (Epístola moral).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante inglés. Cultivou a paisaxe e escribiu Diary (Diario, 1793-1821), obra que permite o coñecemento do mundo artístico londinense. Foi membro da Royal Academy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo francés. Traballou no Observatoire de Paris e distinguiuse polos traballos sobre análise, especialmente sobre a teoría de funcións, e polas investigacións en astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Membro dunha familia de artesáns e artistas, formouse na Acadèmia de Belles Arts de València, onde rematou os estudios no curso 1871-1872. Co lenzo El Cardenal Adriano, obispo de Utrech, recibiendo a los jefes de las germanías en el palacio de los Vilaragut (1872) recibiu unha bolsa da deputación provincial para ir estudar a Roma, onde permaneceu ata abril de 1875. Durante os dez anos seguintes, a súa vida transcorreu en París, onde aprendeu a técnica do fotogravado, e Madrid, onde abriu un obradoiro. En 1887 visitou Santiago de Compostela, onde coñeceu a súa futura muller, Consuelo Velón González-Pardo. Instalouse definitivamente na cidade e dedicouse á docencia, foi profesor na Escola Elemental de Artes e Industrias, e retratou a sociedade compostelá do cambio de século. Relacionouse con Alfredo Brañas e Xoaquín Díaz de Rábago. As súas primeiras obras están enmarcadas no programa artístico educativo da Ilustración. Durante a súa estancia en Roma, a súa visión artística experimentou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Licenciado en Filosofía e Letras na Universitat de Barcelona (1936), exiliouse en Francia trala ocupación franquista de Catalunya (1939). Foi profesor de filosofía en distintas universidades latinoamericanas e norteamericanas, entre outras, no Bryn Mawr College de Pennsylvania (1949-1980). Influenciado por J. Ortega y Gasset, X. Zubiri, J. P. Sartre e L. Wittgenstein, desenvolveu un pensamento propio ao que aplicou instrumentos da teoría analítica e cuestións clásicas da tradición filosófica. O seu pensamento partiu da irredutabilidade dos diversos sistemas e doutrinas filosóficas ás que opuxo a necesidade dunha perspectiva integracionista. Das súas obras destacan o Dicionario de Filosofía (1941), El ser y la muerte (1962), De la Materia a la Razón (1979) e Fundamentos de Filosofía (1985). Foi nomeado doutor honoris causa, entre outras, pola Universitat Autònoma de Barcelona, a Universidad de Tucumán (Argentina) e a UNED. Recibiu tamén a Cruz de Isabel la Católica (1982),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e arcebispo. Tío materno de Napoleón I Bonaparte, en 1802 foi nomeado arcebispo de Lyon. En 1803 recibiu o capelo cardinalicio e o seu sobriño enviouno como embaixador á Santa Sé. As súas xestións conseguiron que o Papa Pío VII acudise á coroación de Napoleón como emperador en 1804. Trala derrota bonapartista, caído en desgracia, retirouse a Roma en 1814.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Estudiou en París con Boieldieu e Querubini. En 1827 fundou a Revue Musicale e entre 1833 e 1871 dirixiu o conservatorio de Bruxelas. Da súa produción destaca Biographie universelle des musiciens (Biografía universal dos músicos) e Histoire générale de la musique (Historia xeral da música).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán, pai de Anselm von Feuerbach. Foi profesor de filoloxía na Universidade de Friburgo. A súa obra máis destacada é Der vaticanische Apollo: eine reihe archäologisch-ästhetischer Betrachtungen (O Apolo do Vaticano, 1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor, fillo de Pietro Antonio Fiocco (Venecia 1650? - Bruxelas 1714). É autor de motetes, misas e dunha recolleita de Pièces de clavecin (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Creador do “documental escenificado”, está considerado como un dos mellores representantes do cinéma-vérité. Foi premiado na Mostra de Venezia de 1934 e 1937 por Man of Aran (Homes de Aran) e Elephant Boy (Sabú), respectivamente. Outras películas súas son Nanook of the North (Nanook, o esquimó, 1922), Moana (1925) e Guernica (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director teatral. Iniciou as súas actividades teatrais na ADB e en 1959 pasou a Francia, onde se formou o Centro Dramático do Leste de Estrasburgo. Ocupou o primeiro lugar no Théâtre de la Ville, en París. Acadou importantes galardóns, como o de Chevalier de l’Orde des Arts et des Lettres en 1979 e, un ano máis tarde, o premio da crítica ao mellor actor do ano. Este mesmo ano integrouse na Comédie Française, onde protagonizou numerosas obras, entre outras Don Juan, de Molière (1982). Volveu a Barcelona e en 1984 formou a súa propia compañía, con sede no Teatro Poliorama, onde dirixiu e tamén interpretou diversas obras, como Una jornada particular, de Ettore Scola (1984), Cyrano de Bergèrac, de Edmon Rostand (1985, Premio Nacional de Interpretación da Generalitat de Catalunya), El despertar de la primavera, de Frank Wedeking (1986), Per un sí o per un no (Por un si ou por un non, 1896), de Nathalie Sarraute, El dret d’escollir...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, xornalista e ensaísta. Asinaba como J. V. Foix e converteuse nun dos fundadores máis activos da Acció Catalana. Editou Monitor (1921-1923), dirixiu a revista Trossos e foi redactor de L’Amic de les Arts (1926-1928) e de Quaderns de Poesia (1935-1936). Da súa produción destaca Gertrudis (1927), KRTU (1932), On he deixat les claus? (1953), L’estrella d’en Perris (1963) e Darrer comunicat (1969). Membro do Institut d’Etudis Catalans (1961), recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1973), a Medalla d’Or de la Ciutat de Barcelona (1980), a Medalla d’Or da Generalitat (1981) e o Premio Nacional de las Letras Españolas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Dirixiu a revista L’Atlàntida e o semanario La Tralla, desde onde lanzou campañas nacionalistas que o forzaron a exiliarse en Francia (1905-1908). Da súa produción destaca Aigua avall (1907), Aventures extraordinàries d’en Massagran (1910), Els pastorets (1916) e La Ventafocs (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciado en Filosofía e Letras (1956) e doutor en Historia (1970) pola Universitat de Barcelona. Dedicouse sobre todo a traballar sobre os modelos de transición do Antigo Réxime ao capitalismo, a formación do mercado na Península Ibérica, as revolucións de 1820 e 1868 e as relacións entre o diñeiro público e o desenvolvemento económico. Da súa extensa bibliografía salientan La quiebra de la monarquía absoluta, 1814-1820 (1972), que foi a súa tese doutoral, Cambio económico y actitudes políticas en la España del s XIX (1973), La crisis del Antiguo Régimen (1808-1833) (1979), España bajo el franquismo (1986) e Europa ante el espejo (1994). Dirixiu a Historia Universal Planeta, composta por doce volumes, e foi o autor do volume La época de las revoluciones (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico. Dedicouse á arqueoloxía durante a expedición que fixo con Napoleón a Exipto. No campo da física destacan os seus estudios sobre a propagación da calor. Froito deste traballo foi o desenvolvemento das series matemáticas que levan o seu nome e que constitúen a base da análise harmónica. Publicou Théorie analytique de la chaleur (Teoría analítica da calor, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Descubriu que cada elemento químico ten un espectro característico, xa que absorbe ou emite determinadas lonxitudes de onda da luz con preferencia a outras. Investigou o espectro solar e descubriu as raias de absorción que levan o seu nome. Inventou diversos instrumentos ópticos, entre os que destacan un microscópio acromático, un micrómetro e un heliómetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador austríaco. Formouse en Praga e recibiu a influencia dos debuxos de A. Dürer e dos nazarenos. Durante a súa estancia en Roma (1827-1829) colaborou nos frescos de Vila Massimo. No eido do gravado realizou varios ciclos bíblicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e teórico musical austríaco. En 1698 foi nomeado compositor da corte de Viena, e o Emperador Carlos VI fíxoo mestre da capela imperial (1715). Da súa produción destaca a ópera Costanza e Fortezza (1723) e as obras relixiosas. Publicou o tratado teórico Gradus ad Parnasum (1725).
VER O DETALLE DO TERMO