"Lomé" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 156.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everxetes (182 a C - 116 a C) Rei de Exipto (145-116 a C), fillo de Ptolomeo V e irmán de Ptolomeo VI. Reinou co seu irmán (170-163 a C) ata converterse en rei da Cirenaica (163-145 a C). No intento de tomar Chipre (154 a C), foi derrotado polo seu irmán. Morto este (145 a C), casou coa viúva Cleopatra II e coa fillastra desta, Cleopatra III. A oposición da poboación helenística provocou que Cleopatra II o expulsase (130 a C). Reconciliados novamente (124 a C), deu unha ampla amnistía (118 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filopátor Filadelfo Neo-Dionisio (110? a C - 51 a C) Rei de Exipto (80-51 a C), fillo de Ptolomeo IX. Coñecido tamén como Auletes (‘frautista’) e Noto (‘bastardo’), foi recoñecido polos romanos. Un motín, provocado pola anexión romana de Chipre, mantívoo afastado do trono do 58 ao 55 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio (61 a C - 47 a C) Rei de Exipto (51-47 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo XII. Casou coa súa irmá, Cleopatra VII. Para congraciarse cos ocupantes romanos, mandou matar (48 a C) a Cneo Pompeo Magno. Sucedeuno o seu irmán Ptolomeo XIV Filopátor (59-44 a C), que gobernaba Chipre (48 a C). Foi asasinado poa súa irmá Cleopatra VII, coa que tamén casara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesarión.
-
PERSOEIRO
Astrónomo, matemático e xeógrafo grego. A súa obra principal é Composición matemática ou Gran Sintaxe -coñecida co nome de Almaxesto, nome que lle deron os tradutores árabes (al-Magisti)-, na que recolleu todos os coñecementos astronómicos anteriores e presentou o sistema ptolemaico. Tamén foi autor do libro máis importante de astroloxía da Antigüidade. Estudou os fenómenos relacionados coa acústica e expuxo as diversas teorías numéricas da música existentes na época. Escribiu un tratado de óptica, onde expuxo os fenómenos da reflexión e a refracción e deulle a formulación correcta. Foi o iniciador da cartografía moderna coa obra Geographia Hiphegesis, de oito volumes, un mapamundi e 26 mapas, onde recompilou as técnicas matemáticas para o trazado de mapas precisos mediante distintos sistemas de proxección, e recolleu unha extensa colección de coordenadas xeográficas correspondentes aos distintos lugares do mundo daquela coñecidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para medir o diámetro da pupila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marcar as distancias en quilómetros mediante sinais visibles.
-
-
Acción de quilometrar.
-
Distancia en quilómetros entre dous puntos.
-
Cantidade de quilómetros percorridos por un vehículo.
-
Prezo que paga unha empresa por quilómetro de desprazamento aos seus membros.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao quilómetro.
-
Que é dunha gran lonxitude.
-
Billete que permite percorrer, xeralmente ao titular ou a membros da súa familia, con prezo reducido, un certo número de quilómetros nun tempo determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de lonxitude de uso corrrente que equivale a 1.000 metros.
-
PERSOEIRO
Compositor. Foi profesor de música en Salamanca e pasou máis tarde a Boloña, onde publicou a súa obra teórica Musica practica (1482), en que atacaba o sistema de Guido d’Arezzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. Traballou en París pero, chamado a Peterburgo (1716), foi protexido por Pedro I de Rusia, para quen fixo Estatua ecuestre de Pedro o Grande na praza dos Enxeñeiros e a Estatua da tsarina Anna Ivanovna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, fillo de Bartolomeo Carlo Rastrelli. Iniciouse en París con R. de Cotte e o seu pai, e xunto con el e con Le Blond foi a Peterburgo en 1716. A Tsarina Isabel Petrovna nomeouno arquitecto da corte e en 1741 confioulle a transformación arquitectónica e urbanística da cidade con modelos italianos e franceses de inspiración renacentista e manierista. Das súas obras destacan os palacios de Verán (1741-1744), o Peterhof (1747-1752) e os palacios de Carskoje Selo (1749-1756) e de Inverno (1754-1762).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Tui. Construída sobre restos romanos e suevos, data do s XI e realizouse en estilo románico. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas, a central de forma semicircular e as laterais rectangulares. No seu interior conserva capiteis historiados e na capela maior pinturas murais do s XVI. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxes beneditinos documentado no s X e foi residencia dos bispos de Tui (1069-1179?). En 1102 custodiou as reliquias que Xelmírez trouxo de Braga e foi sede dun concilio de bispos galegos (1118-1122). En 1132 adoptou a regra de santo Agostiño. En 1435 o mosteiro uniuse á catedral e a súa igrexa converteuse en templo parroquial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Instalado en Ceuta (1918) dedicouse á fotografía amateur. Retratou desde a arquitectura e os ambientes de Marrocos aos novos inventos, como o automóbil ou o tren. A súa fotografía documental apareceu publicada en diversas publicacións, como ABC, Blanco y Negro ou La Esfera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante. En Panamá uniuse como piloto á segunda expedición de Francisco Pizarro a Perú (1526). Explorou as costas de Ecuador e ao N de Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. Coñecido como Il Platina, escribiu In Bessarionis laudem, o diálogo De flosculis quibusdam linguae latine ad Laelium e o discurso De laudibus bonorum artium ad Pium II P. M. (1464). Rebelouse contra Paulo II e foi encarcerado. Obtida a liberdade, cambiou a súa posición co discurso Ad Paulum II P. M. de pace Italiae componenda atque de bello Turcis inducendo e co diálogo De optimo cive e Liber de vita Christi ac omnium pontificum (1474).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén dunha helenización do nome feminino arameo Shalôm, que probablemente por etimoloxía popular se relacionaba con shalôm ‘paz’, pero que pode estar ligado coa raíz verbal shalam ‘substituír’. O significado orixinario sería ‘Deus substituíu’, que foi imposto a nenos nados despois dun fillo morto. Considerouse a forma feminina de Salomón.
-
PERSOEIRO
Princesa xudía, filla de Herodes Filipo e de Herodías. Muller do tetrarca Filipo, volveu casar con Aristóbulo, neto de Herodes o Grande. Pediu a morte para Xoán Bautista, que lle foi concedida polo seu padrastro Herodes Antipas, tetrarca de Galilea, como recompensa por ter bailado diante del.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller de Zebedeo, nai dos apóstolos Santiago o Maior e Xoán o Evanxelista. Estivo presente na crucifixión de Xesús e foi unha das primeiras mulleres que acudiu ao sepulcro. A súa festa celébrase o 22 de outubro.