"Lot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 289.

  • PERSOEIRO

    Industrial alemán. Herdou do seu avó, Kaspar Faber, a fábrica de lapis que este fundara en Nuremberg en 1760 e estableceu sucursais en varios países europeos e en EE UU. Ao morrer, a súa viúva traspasoulle a empresa á súa neta, a condesa Otilia von Faber-Castell, da que tomou a denominación de Faber-Castell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía conxénita que se caracteriza por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito, como consecuencia desta estenose, unha comunicación interventricular, que se debe a un defecto da parte alta do tabique, e unha dilatación e unha desviación da aorta cara á dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía conxénita moi rara, constituída por unha estenose da arteria pulmonar, unha hipertrofia do ventrículo dereito e unha comunicación interauricular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina presente nos fungos da especie Amanita phalloides. Engloba un conxunto de ciclopéptidos constituídos por sete aminoácidos que forman un dobre ciclo mediante un enlace entre triptófano e cisteína. A súa inxestión causa lesións hepáticas graves, que poden causar a morte en poucos días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Conxunto de tres illotes do Mar Cantábrico situados fronte o litoral da parroquia de Lieiro, no concello de Cervo, ao NO do cabo de San Cibrao. O máis pequeno, o da Sombriza, é o máis setentrional e tamén o máis elevado, pois acada os 30 m de altitude. O illote do medio, Pé, é o máis extenso, pero a súa cota máxima son os 24 m. A Baixa é o máis meridonal e só acada 11 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á filotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral macedonio, fillo de Parmenión. Compañeiro de Alexandre o Grande, opúxose á súa política de orientalización e tramou unha conxura contra el. Foi descuberto e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da disposición das follas nos talos. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (1353-1354 e 1364-1376). Ingresou como monxe no monte Athos e aceptou a doutrina do hesicasmo. Dende o 1347 foi bispo de Heraclea e, co apoio de Xoán Cantacuceno, accedeu á sé de Constantinopla. Aliouse cos occidentais fronte ao peligro turco, pero rexeitou a unión e defendeu o palamismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos órganos respiratorios dos arácnidos, constituídos por unha cavidade ventral do abdome no que existen unha láminas polas que circula a hemolinfa e nas que se realiza o intercambio gasoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convois periódicos que efectuaban todo o tráfico comercial entre a Coroa de Castela e os territorios americanos. Foron anuais entre 1543 e 1563, despois bianuais e moito menos frecuentes desde a segunda década do s XVII. As flotas, que saían dúas veces ao ano, estaban compostas por unha nave de guerra que abría a marcha, a continuación os mercantes en fila e outra nave de guerra que os protexía a barlovento. Precedíanas nuns días ou semanas unha serie de naves lixeiras, denominadas avisos, que anunciaban a súa chegada. Os seus itinerarios eran fixos. Á ida seguían a corrente das Canarias e despois o arco dos alisios desde os 28° de latitude N ata chegar ás Pequenas Antillas, actualmente a illa de Trinidad. Desde 1564, ao chegar a este punto a flota dividíase: a flota de Nova España dirixíase cara ao golfo de México, mentres que os galeóns de Terra Firme se dirixían cara aos territorios de Venezuela. Á volta ían buscar os ventos de SO a NL ao NL das Bahamas ata o N das Bermudas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de flotable.

    2. Forza resultante do empurrón da auga, experimentada polo volume do corpo somerxido nun líquido, oposta ao peso total deste corpo. Se esta diferenza é grande, o corpo queda sobreauga; se é pequena a cara de auga, se é nula permanece indiferente, a flor de auga ou a media auga, e se é negativa vaise ao fondo. A flotación dun barco debe ser tal que, ben somerxido o buque ata a liña de flotación superior, quede suficiente volume fóra da auga a fin de poder navegar con mal tempo. É o que se denomina reserva de flotabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é capaz de flotar ou de manterse flotando.

    2. Aplícase a un río por onde pode transportarse algo a flote.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de flotar.

    2. Situación en que a paridade dunha moeda respecto doutras se determina libremente en función da oferta e da demanda. Pode tratarse de flotación limpa, cando non intervén en ningún momento o banco central do país correspondente, e flotación sucia, cando si intervén comprando ou vendendo para estabilizar a moeda.

      1. centro de flotación

        Centro de pulo.

      2. liña de flotación

        Liña que sinala a superficie da auga no casco do buque e que separa a parte somerxida da que emerxe; é dicir, separa as obras vivas (carena), das obras mortas, cando o buque leva o seu máximo de carga.

      3. liña de flotación en lastre

        Intersección da superficie da auga co casco dun buque sen carga, auga nin combustible.

    3. Operación que se fai para separar un ou máis compoñentes dunha mestura de minerais, de compostos químicos, etc, en suspensión acuosa, por medio dunha corrente de aire que se introduce no seo do fluído e que arrastra selectivamente o compoñente que se quere separar. Este comportamento selectivo débese á distinta afinidade superficial dos materiais fronte á auga ou ao aire. Emprégase a flotación para concentrar o mineral extraído das minas, do que elimina unha parte da ganga.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corpo flotante.

      2. Obxecto flotante, macizo ou inflado de aire, que se emprega para sosterse sobre a auga e que está destinado normalmente a manter flotando algún corpo.

      3. Corpo flotante co que se mide a velocidade dunha corrente líquida. Foi o primeiro aparello empregado polos oceanógrafos para estudar as correntes mariñas.

      4. Cámara estanca, chea de aire, destinada a facer insomerxible un bote.

    1. Cada un dos elementos destinados a soportar os esforzos que actúan sobre a estrutura do hidroavión durante as manobras de inicio do voo e amaraxe, e que serven para conseguir a flotación da aeronave.

    2. Boia pequena, dun material lixeiro, empregada na pesca, que se fixa ao sedal para manter o anzol a nivel constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que flota.

    2. Que está sometido a variación.

    3. Aplícase ao peixe, alción ou nave, cos aparellos e as velas estendidas, que se representan sobre as ondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manterse un corpo sobre a superficie dun líquido.

    2. Manterse un corpo en suspensión no interior dun medio líquido ou gasoso.

    3. Sentir unha sensación de mareo ou similar á de flotar no aire.

    4. Deixarse notar algo inmaterial no ambiente producindo certa sensación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Iniciou as súas actividades teatrais na ADB e en 1959 pasou a Francia, onde se formou o Centro Dramático do Leste de Estrasburgo. Ocupou o primeiro lugar no Théâtre de la Ville, en París. Acadou importantes galardóns, como o de Chevalier de l’Orde des Arts et des Lettres en 1979 e, un ano máis tarde, o premio da crítica ao mellor actor do ano. Este mesmo ano integrouse na Comédie Française, onde protagonizou numerosas obras, entre outras Don Juan, de Molière (1982). Volveu a Barcelona e en 1984 formou a súa propia compañía, con sede no Teatro Poliorama, onde dirixiu e tamén interpretou diversas obras, como Una jornada particular, de Ettore Scola (1984), Cyrano de Bergèrac, de Edmon Rostand (1985, Premio Nacional de Interpretación da Generalitat de Catalunya), El despertar de la primavera, de Frank Wedeking (1986), Per un sí o per un no (Por un si ou por un non, 1896), de Nathalie Sarraute, El dret d’escollir...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Flota composta por barcos pequenos.

    2. Flota pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e ourive alemán. Trala súa viaxe a Italia, introduciu o estilo renacentista no N. Traballou na capela dos Fugger en Santa Ana de Augsburgo. Das súas obras destaca a Fonte de Apolo (1532).

    VER O DETALLE DO TERMO