flotador -ra

flotador -ra

(< flotar)

  1. s m
    1. Corpo flotante.

    2. Obxecto flotante, macizo ou inflado de aire, que se emprega para sosterse sobre a auga e que está destinado normalmente a manter flotando algún corpo.

      Ex: Regaloulle ó sobriño un flotador en forma de pato. Os flotadores amarelos dividían a zona de baño e a das motos acuáticas.

    3. [FÍS]

      Corpo flotante co que se mide a velocidade dunha corrente líquida. Foi o primeiro aparello empregado polos oceanógrafos para estudar as correntes mariñas.

    4. [MAR]

      Cámara estanca, chea de aire, destinada a facer insomerxible un bote.

  2. s m [AERON]

    Cada un dos elementos destinados a soportar os esforzos que actúan sobre a estrutura do hidroavión durante as manobras de inicio do voo e amaraxe, e que serven para conseguir a flotación da aeronave.

  3. s m [PESCA]

    Boia pequena, dun material lixeiro, empregada na pesca, que se fixa ao sedal para manter o anzol a nivel constante.

Palabras veciñas

flotabilidade | flotable | flotación | flotador -ra | flotante | flotar | Flotats i Picas, Josep Maria