"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • Francisco Sánchez Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Foi martirizada en Bizancio. A súa festividade celébrase o 18 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán Paulo I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo, eséxeta e mártir. Foi sacerdote en Antioquía, onde desenvolveu unha nova doutrina, que se considerou como unha das fontes do arianismo. Foi o primeiro tradutor da Biblia hebrea ao grego. Fundador da escola esexética de Antioquía, reaccionou contra a interpretación alegórica da Biblia e dedicouse á interpretación literal e histórica da mesma. Teoloxicamente defendeu o subordinacionismo (Fillo e Espírito Santo son inferiores ao Pai). Segundo a súa lenda, sometérono ao suplicio da fame durante catorce días e despois tirárono ao mar cunha pedra atada ao pescozo; no mar o seu corpo pasou outros catorce días e no décimo quinto un arroaz levou o seu corpo á ribeira. Esta lenda pode ser a orixe da tradición do traslado do seu corpo a Helenópolis, na costa de Bitinia. Na iconografía adoita representarse xunto con Marciano, case espidos, atados a un tronco dunha árbore ou a unha columna e con tizóns acendidos baixo os pés. A súa festividade celébrase o 7 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Beauvais e mártir. Predicou os Evanxeos na Galia e morreu decapitado (290) baixo Xuliano o Apóstata. Na iconografía leva a cabeza nunha man, como san Denís. A súa festividade celébrase o 8 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. A súa obra é moi variada, comprende diálogos (Diálogos das meretrices, Diálogos dos deuses, Diálogos mariños e Diálogos dos mortos), panfletos (O pescador, Temón, O galo), narracións fantásticas (Historias verdadeiras) e obras en verso (Tragodopodagra e Epigramas). Manifesta diversas tendencias, unha retórica e sofista, de carácter lixeiro, outra filosófico-moral, de actitude cínica e escéptica, e outra satírica, na que ataca feitos e personaxes da época. Usou unha lingua elegante, e foi considerado un cínico que só quería facer rir o público burlándose de todo. Influíu na literatura medieval, como en Liutprando, na bizantina, en Erasmo, Rabelais, Maquiavelo e Cyrano de Bergerac, na picaresca castelá, en Swift e en Voltaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Lucianus, patronímico de Lucius, que despois pasaría a ser nome propio. Ten o hipocorístico Chano. Destacaron san Luciano de Antioquía (235?-312?), san Luciano de Beauvais (s III) e santa Luciana (s IV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de lúcido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de lucir ou lucirse.

    2. Que destaca polas súas boas calidades ou por estar ben feito.

    3. Que presenta boa aparencia.

    4. Revestimento dun muro ou parede para conseguir unha superficie lisa e uniforme, realizado con cemento, morteiro ou xeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita luz ou claridade.

    2. Que ten todas as súas capacidades mentais en bo estado.

    3. Que razoa ou analiza as cousas con claridade e intelixencia.

    4. Que é propio de quen actúa con lucidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoita recibir o príncipe dos demos. Con este nome latino a Vulgata traduce a palabra hebrea helel ‘estrela brillante’, que Isaías lle aplicou ao rei de Babilonia. Na Idade Media interpretouse que o texto se refería a Satanás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a oxidación da luciferina e provoca a bioluminiscencia. Está presente en todos os organismos luminiscentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia responsable da emisión luminosa producida por algúns seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Lucifer.

    2. Que é malo ou perverso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é luminoso ou resplandecente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que foxe da luz, referido especialmente a animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no nome persoal latino da época imperial Lucilla, diminutivo de Lucia ou de Lucius. Destaca con este nome santa Lucila de Roma (s III).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Mártir. Foi bautizada por san Valentín e morreu martirizada xunto co seu pai, san Nemesio, co que está enterrada na Via Apia. A súa festividade celébrase o 31 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino. Entre 134 e 133 a C participou na Guerra Numantina e formou parte do círculo helenizante dos Escipións. Escribiu trinta libros de Sátiras, aínda que só se conservan 1.300 versos. Creou o xénero da sátira e deulle a forma métrica e a linguaxe definitivas. Vigoroso na invectiva e no retrato, atacou a todos os homes do seu tempo e uniu á polémica político-moralista, a polémica filosófica e a literaria. Influíu na literatura latina posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de lucir.

    VER O DETALLE DO TERMO