"Māra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • CAPITAIS

    Capital do departamento homónimo, Níxer, situada nas ribeiras do río Maradi (110.005 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Níxer (38.581 km2; 1.415.000 h [estim 1990]). A capital é Maradi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega asentado na zona de San Pedro de Arante (Ribadeo) e que pasou a Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista arxentino. Comezou xogando en Argentinos Juniors, de onde pasou ao CA Boca Juniors. Despois de gañar a liga arxentina, fichou polo FC Barcelona, co que gañou a Copa da Liga e a Copa do Rei (1983). Co Nápoles obtivo dúas ligas (1986-1987 e 1989-1990), a Copa de Italia (1987), a Copa da UEFA (1989) e a Supercopa de Italia (1990). Tamén gañou o campionato do mundo coa selección arxentina (1986) e recibiu tres Balóns de Ouro (1979, 1980 e 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de cousas revoltas e sen orde.

    2. Cousa que se fai descoidadamente.

    3. Asunto confunso que ten difícil solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro fundador da sección filolóxica do Institut de Estudis Catalans. Despois duns anos de dúbida entre as súas aspiracións románticas e a súa vida burguesa, decidiu encamiñarse cara a un rexeitamento consciente da retórica romanticista e unha volta á expresión sinxela da realidade cotiá. Converteuse nun axitador que promoveu unha ideoloxía dinámica, cosmopolita e moderna. Despois desta etapa, entrou nunha época modernista que marcou o seu estilo. Das súas obras destacan Poesies (1895), Visions i Cants (1900), Les disperses (1904), Enllà (1906) e Seqüències (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Paticipou activamente no Front Obrer de Catalunya desde a súa creación (1961) e tomou parte na fundación de Convergència Socialista de Catalunya (1974), despois integrada no PSC-PSOE (1976). Alcalde de Barcelona (1982-1997), durante o seu mandato a cidade foi sede dos xogos olímpicos de 1992. En 1997 renunciou á alcaldía e foi elixido presidente do Comité das Rexións da UE (1996). Acadou a presidencia da Generalitat de Catalunya en 2003.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comarca integrada na provincia de León, Castela e León. Limita ao N coa comarca de Omaña, ao L coa de El Páramo, ao S coa de Cabrera e ao O co Bierzo. Está formada polos municipios de Astorga, Brazuelo, Lucillo, Luyego, Magaz de Cepeda, Quintana del Castillo, Santa Colomba de Somoza, Santiago Millas, Val de San Lorenzo, Villamejil e Villaobispo de los Oteros, e conta cunha poboación de 18.793 h (2001). A cabeceira comarcal é Astorga.
    Xeografía

    Localízase na vertente oriental dos montes de León. A Sierra del Teleno é a principal elevación, con máis de 2.100 m de altitude, e pecha a comarca polo S. O relevo e a rede hidrográfica dispóñense en dirección ONO-LSL deixando La Maragatería cunha suave inclinación cara ao L e unha altitude media de 1.100 m. Presenta un relevo suave, destacando os tramos de vales que se encaixan nas fallas onde o substrato rochoso paleozoico deu lugar a pendentes abruptas. Litoloxicamente, o relevo está composto por rochas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a La Maragatería ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de La Maragatería.

    3. Personaxe típico do entroido de Galicia que leva un traxe volto do revés ou formado por pezas de distintos uniformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mosaicista. Introduciu o moderno mosaico artístico en España e adoptou o estilo Art Nouveau. Traballou en diversas obras de Domènech i Montaner en Barcelona e Comillas, e no Rosari Monumental de Montserrat (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe de corpo oblongo, de beizos grandes, mandíbulas con fortes dentes e cor variable, entre verde e parda. As escamas son relativamente grandes. Vive nos fondos do litoral, entre1 e 20 m de profundidade, sobre algas e rochas.

    2. Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘castaña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Nacionalizado estadounidense, na súa obra, cunha prosa influída por S. Freud e T. Mann, rexeita a Hungría socialista, e expresa o desarraigamento do exiliado. Escribiu as memorias Egy polgár vallomásai (As confesións dun burgués, 1934), as novelas Béke Ithakában (Paulo en Ítaca, 1952) e San Gennaro vére (O sangue de san Xenaro, 1963), e o volume de poesía selecta A delfin visszanézett (O golfiño observa ao seu redor, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e instrumentalista. Especialista na viola da gamba, actuou na corte de Luís XIV (1676-1715) e Luís XV (1715-1725). Realizou as óperas Alcide (1693), en colaboración con Lulli, e Sémelé (1709), ademais de 650 pezas instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben certas especies de peixes que posúen manchas na pel, como o lorcho negro (Gobius niger), a barbada (Gaidropsarus vulgaris) e certos exemplares da familia dos góbidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo de Romanía, situado nos Cárpatos orientais. O seu pico máis alto é o Rodna (2.300 m alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (6.304 km2; 532.718 h [estim 1999]). A capital é Baia Mare.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de fíos, pelos ou cousas semellantes enleados entre si e que son difíciles de separar.

    2. Gran cantidade de cousas mesturadas ou enleadas que son difíciles de separar.

    3. Asunto enleado ou intricado, que presenta unha difícil resolución.

    4. Madeixa de liño ou estopa que xa está fiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de cousas mesturadas ou enleadas que son difíciles de separar.

    2. Trampa ou embuste con que se engana a unha persoa para conseguir algo dela ou poñela nunha situación comprometida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Marañao entre Seoane de Arcos (O Carballiño) e Longos (San Cristovo de Cea). Trátase dunha ponte de cantería construída entre os ss XVII e XVIII con arcos de medio punto de perfil alombado e calzada de pedra. Sitúase no camiño vello de San Bieito de Marañao (San Cristovo de Cea) a San Fagundo (San Cristovo de Cea).

    VER O DETALLE DO TERMO