"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

    1. Enunciado que expresa unha forte emoción ou un xuízo afectivo e que pode non ter a estrutura dunha oración completa e reducirse a unha sinxela interxección (canté!).

    2. Signo de puntuación (...!) que intenta representar a entoación marcada que acompaña a modalización exclamativa e, ás veces, a desiderativa e a imperativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de exhumar.

    2. Acción de sacar un cadáver da sepultura para facerlle a autopsia en caso de presunción de certas causas da morte. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á farmacia.

    2. Persoa que exerce a farmacia como profesión, ben como titular dun establecemento para a preparación de fórmulas maxistrais e dispensación de produtos farmacéuticos, ben como preparador dentro da industria farmacéutica, ben como realizador de análises clínicas. No Estado español os modernos colexios de farmacéuticos apareceron no s XIX e chegaron a colexios oficiais en 1934, federados na Unión Farmacéutica Nacional. Dende o período 1938-1941, os colexios do Estado español dependen do Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos de España. O ensino público de farmacia ligouse á evolución da profesión antiga de boticario cara á moderna de farmacéutico.

    3. Sector industrial que se encarga da fabricación de produtos farmacéuticos. Esta industria, moi complexa, pódese incluír dentro da industria química, aínda que coas súas características particulares. As diversas actividades da industria farmacéutica pódense esquematizar en tres grupos principais. En primeiro lugar a preparación por extracción e purificación dos medicamentos que existen na natureza. En segundo lugar os produtos creados sinteticamente polo home. E en terceiro lugar o estudo e a preparación das especialidades farmacéuticas. A especialidade farmacéutica xorde, en calquera parte do mundo, da primitiva farmacia. Se a especialidade tiña éxito diante do médico ou o público, a produción aumentaba, ata que naceu, pouco a pouco, o laboratorio anexo á farmacia. Algúns chegaron a independizarse, ata crear industrias máis ou menos complexas e, nalgúns casos, ata grandes grupos industriais. Os avances na investigación e o encarecemento das materias primas agudizaron cos anos a tendencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia e arte de coñecer as substancias con acción medicamentosa e a maneira de combinalas para obter os medicamentos. Orixinariamente, a farmacia non foi unha ciencia independente, senón que formaba parte dos coñecementos médicos porque era o médico quen preparaba os medicamentos. Os descubrimentos no campo da química e da botánica influíron na evolución da farmacia. Os primeiros textos que se coñeceron foron os exipcios, que se limitaban a dar a forma de obter certos preparados con poder curativo; posteriormente, foron os gregos os que escribiron obras sobre o tema. Na época medieval o mundo islámico deu un novo pulo á ciencia farmacéutica, que se separou gradualmente do campo dos médicos, e así xurdiu a profesión de boticario. No s XVI apareceron as primeiras farmacopeas; a necesidade das mesmas aumentou dende o momento que o médico deixou de preparar el mesmo os medicamentos para encargárllelos a outra persoa, que co tempo se converteu en farmacéutico. Así apareceron tratados escritos...

    2. Profesión do farmacéutico.

    3. Establecemento onde se preparan ou venden medicamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia orgánica ou inorgánica, natural ou sintética, capaz de producir nun organismo vivo modificacións funcionais, útiles ou danosas, mediante unha acción química, físico-química ou física. Cando os fármacos que se empregan normalizan as funcións patoloxicamente alteradas ou favorecen o proceso curativo dunha lesión, denomínanse medicamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da farmacoloxía que estudia o paso dos fármacos polo organismo. Estudia as vías de introdución do fármaco dentro do organismo, o seu repartimento no medio interno, a súa distribución polos tecidos e órganos do corpo, e o tempo que o composto permanece no organismo, como tamén a acción de certos procesos vitais sobre a molécula do fármaco e os metabolitos resultantes, e as súas vías de excreción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á farmacocinética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da farmacoloxía que estudia os mecanismos de acción das drogas, a intensidade desta acción e a súa dinámica. Xunto coa farmacoloxía descritiva e cuantitativa, a farmacodinámica constitúe a fase do estudo analítico do mecanismo de acción das drogas para poder coñecer o seu efecto sobre os tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e ten que acadar o nivel do funcionamento celular (farmacodinámica celular) ou dunha parte da célula, é dicir, molecular (farmacodinámica molecular).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á farmacodinámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da farmacoloxía que estudia os fármacos de orixe natural, tanto os vexetais como os de orixe mineral ou animal, e isto tanto no aspecto da definición das propiedades químicas como das físicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato de calcio hidratado, de fórmula HCa(AsO4)·2H2O. Cristaliza no sistema monoclínico e é de cor branca, avermellada ou verdosa. O hábitat é normalmente en agullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada e especialista en farmacoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as propiedades das drogas e os seus efectos sobre os organismos vivos. Estudia todas aquelas substancias que modifican as estruturas e as funcións da materia viva a todos os niveis de organización. A farmacoloxía pódese dividir en dúas ramas, a cualitativa e a cuantitativa. A farmacoloxía cualitativa ten como obxecto descubrir a acción e as propiedades das drogas sobre as estruturas, células, órganos, organismos, aparatos, etc. A busca destas actividades, mediante tests específicos, denomínase screening. A farmacoloxía cuantitativa establece a relación efecto-dose. As substancias farmacolóxicas teñen que experimentarse antes de chegar aos medicamentos que se empregan na curación das enfermidades humanas, dos animais ou dos vexetais, e este é o campo da farmacoloxía clínica, que se refire aos efectos das drogas que se empregan como tratamento de enfermidades, de cómo actúan, cáles son os mecanismos de acción, o metabolismo, a toxicidade, as indicacións terapéuticas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á farmacoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código de medicamentos que cada Estado declara oficial e obrigatorio e que recolle as normas oficiais de preparación, ensaio, dispensación, etc, dos medicamentos e, cada vez máis, os estándares de calidade, identidade e actividade das substancias medicamentosas de uso máis común. Este código é redactado e revisado periodicamente por unha comisión científica. Co desenvolvemento da farmacia apareceron diversas farmacopeas a partir do s XVI. Os estados máis avanzados teñen farmacopea propia, nalgúns é publicada con periodicidade e regularidade, como na Gran Bretaña a British Pharmacopoeia, e nos EE UU a USP que se edita cada cinco anos, e noutros aperiodicamente. A primeira farmacopea hispana foi Concordie Aphotecariorum Barchinonensium, que se publicou en Barcelona en 1511, segunda do mundo, superada en antigüidade soamente por Nuovo Receptario (1498). A primeira farmacopea española obrigatoria para todo o Estado foi Pharmacopoeia Matritensis (1739)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da farmacoloxía que estudia o mecanismo de acción das substancias medicinais para poder empregalas en terapeútica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama moderna da farmacoloxía que estudia a influencia dos factores xenéticos na resposta dos individuos ás drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe militar escoto. Liderou o grupo de colonos escotos que desde o Ulster se dirixiron a Aegyll entre o 495 e 498, onde fundaron o Reino de Dalriada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Patriarca do movemento invencionista, a súa obra anticipou a omnipotencia do narrador, o concepto de “obra aberta” e a prioridade da metafísica sobre a psicoloxía. Publicou No toda es vigilia la de los ojos abiertos (1928), Papeles del Recienvenido (1929) e Una novela que comienza (1941). Postumamente apareceron Poemas (1953) e Museo de la novela eterna (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (356 a C- 336 a C), pai de Alexandre o Grande. Nomeado rexente do seu sobriño Amintas (359 a C), proclamouse monarca pouco despois e emprendeu unha política de conquista fronte aos tracios e aos ilirios. Apoderouse de Anfípole (358 a C), aliouse co rei do Épiro e casou coa súa sobriña, a princesa Olimpia (356 a C). Participou na Terceira Guerra Sagrada contra os focenses (356 a C- 346 a C), estendeu as súas fronteiras ata o Mar Exeo e conquistou a cidade de Olinto (348 a C), aliada de Atenas. Pola Paz de Filócrates (346 a C) confirmou a súa posición de dominio fronte ás cidades gregas e venceu a Tebas e Atenas na Batalla de Queronea (338 a C). Tralo Congreso Panhelénico de Corinto (337 a C), fundou a Liga de Corinto e converteuse en estratega supremo. Posteriormente, retirouse a Macedonia para preparar a invasión de Persia.

    VER O DETALLE DO TERMO