"Marin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 276.

  • Sector S do Golfo Ártabro, que abrangue as ribeiras das rías de Betanzos e A Coruña, e as concas inferiores dos ríos Mandeo, Mendo e Mero. Recibe o seu nome pola liñaxe galega dos Mariñas, que teñen a súa orixe entre A Coruña e Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador e capitán xeneral do Reino de Galicia (1606-1608). Reconstruíu a maior parte das fortificacións que defendían o recinto urbano da Coruña e colocou nos muros os escudos coas súas armas que retirou o seu sucesor no cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia católica e tradicionalista editado en Bergondo a partir do 21 de maio de 1886. Cesou o 5 de novembro de 1893. Subtitulado “Periódico de intereses generales”, estivo dirixido por Hipólito Codesido e Juan Gómez Navaza. Incluíu moitas noticias relixiosas e convocou certames literarios. Tivo a súa continuidade en El Diario de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado de infantería de mariña, pertencente á Armada de EE UU ou de Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán de infantería, morreu fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de Solís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir do 18 de agosto de 1922. Cesou o 1 de marzo de 1923. Co subtítulo “Revista semanal ilustrada”, foi fundada e dirixida por Enrique Dequit Carreras-Presas, e incluíu notas sociais, poesías, debuxos e crónicas deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal deportivo editado na Coruña a partir do 6 de agosto de 1986. Estivo dirixido por Xosé Manuel Malo e editado por Gonzalo Soto. Especializada na información futbolística, tamén tiveron cabida outros deportes como baloncesto, hípica, natación ou motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de vestir á maneira de blusa con colo cadrado por detrás e cordada por diante cunha lazada ou unha gravata, empregada polos mariñeiros.

    2. Peza de vestir, moi semellante á dos mariñeiros, usada xeralmente polos nenos e as mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Profesión do mariñeiro.

    2. Conxunto de mariñeiros dun barco ou dunha escuadra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á xente do mar.

    2. Que ten boas condicións de navegabilidade.

    3. Persoa que se gaña a vida traballando nun barco de pesca.

    4. Persoa que serve nas manobras dun barco.

    5. Persoa que serve na mariña de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, ensaísta e orador cubano. Foi presidente do Partido Socialista Popular e candidato á presidencia da República de Cuba. Escribiu Liberación (1926), Americanismo y cubanismo literario (1931) e Literatura hispano-americana (1937), ademais de diferentes estudios sobre José Martí. Recibiu a Medalla de Lenin (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Marín.

    2. Natural ou habitante de Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia liberal publicado en Marín entre 1902 e 1909, tivo como subtítulo “Semanario de intereses generales”. Fundado e dirixido por Sabas C. Catá, en 1903 tivo unha segunda época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luca Marineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Coñecido como Lucio Marineo Siculo, foi o historiador oficial de Fernando II de Aragón (1500). Escribiu De laudibus Hispaniae (1495) e De genealogia regum Aragonum (1509), obras que incluíu en De rebus Hispanae memorabilibus opus (1530), onde representa unha síntese da interpretación humanística e providencial do reinado dos Reis Católicos. Tamén publicou un Epistolarum familiarum libri XVII (1514).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de sondas planetarias lanzadas pola NASA (EE UU) e destinadas á exploración automática de Marte, Venus e Mercurio, ben entrando na súa órbita, ben sobrenvoándoos. O Mariner 1 e 2 foron proxectados para chegar ás proximidades de Venus a mediados de 1962. O Mariner 3 e 4, destinados a Marte, foron lanzados en novembro de 1964, e o segundo transmitiu as primeiras imaxes da superficie. O Mariner 5 (1967) sobrevoou Venus. O Mariner 6 (1969) e o Mariner 7 enviaron fotografías de Marte con máis resolución ca as anteriores. O Mariner H non se lle asignou o 8, porque fallou a súa inxección na órbita terrestre. O Mariner 9 (1971), foi o primeiro satélite artificial doutro planeta, e conseguiu transmitir imaxes que permitiron cartografar toda a superficie de Marte. O Mariner 10 (1973), pasou preto de Venus e de Mercurio, o que lle permitiu obter as primeiras imaxes detalladas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fundou a Editorial Arc, con Raimon Galí (1963-1967) e publicou Les muntanyes ens parlen de Vós, Senyor (1963) e Heroisme com a estil de vida (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Destacou como poeta en latín e grego, dotado dunha grande habilidade e produción, e recibiu o mecenado de Quevedo. Traduciu do grego ao latín, sobre todo en verso, algúns autores como Homero, Hesíodo, Píndaro, Sófocles ou Eurípides, e do grego ao castelán case toda a obra de Aristóteles e Arriano. Da súa obra destaca Opera omnia poetica et oratoria (1633), en 34 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e latinista. Autor dunha obra moi ampla, destacan os seus traballos Carácter convencional del ritmo (1971), Interpretación de los modos del verbo catalán (1972), Inscripciones romanas de Barcelona (1973), El préstamo fonológico (1976) e Diátesis múltiple de la serie -dor(a) (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco López García.

    VER O DETALLE DO TERMO