"Miguel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 298.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Corgo. Está documentada no testamento do bispo Odoario (747). Ten planta de nave única e ábsida, as dúas con cuberta abovedada. Da antiga construción románica, só se conserva o arco triunfal, peraltado, semicircular e en aresta, cunha arquivolta tórica, e algún fragmento dos muros. Engadiuselle unha capela, á que se accede por un arco, e unha sancristía no lado N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pasou a España en 1761 e trala invasión da Península Ibérica por Napoleón, formou parte da Junta Central e foi membro da primeira rexencia do reino (1810). Defensor dos dereitos de Fernando VII, este nomeouno ministro de Ultramar (1814) e posteriormente conselleiro de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel López de Legazpi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor de Filosofía e Letras da UNAM e investigador no Instituto de Investigaciones Históricas desde 1957, especializouse na América precolombina. Dirixiu o Instituto Indigenista Interamericano e o Instituto de Investigaciones Históricas da UNAM. En 1988 foi elixido investigador emérito da UNAM. Director da Academia Mexicana de la Historia (1996), en 1997 foi nomeado director da Nueva Biblioteca de México da UNAM. Entre as súas obras destacan La visión de los vencidos (1959), Los antiguos mexicanos a través de sus crónicas y cantares (1961) e Literaturas indígenas de México (1992). Recibiu o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2001) e o Premio Bartolomé de las Casas (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Oviedo. De estilo prerrománico, foi construída en tempos de Ramiro I. Orixinariamente tivo planta de tres naves separadas por columnas, cunha tribuna de cachotería aos pés, que tiña un uso rexio. Só se conserva o pórtico, con dúas cámaras aos lados, e o primeiro tramo das tres naves. Declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1885) é, xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias, Patrimonio da Humanidade desde 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel Domingo García Martínez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico chileno. Director de Chile Film durante o mandato de S. Allende, iniciouse no teatro e pasou ao cine con El chacal de Nahueltoro (1969) e La tierra prometida (1973). Posteriormente dirixiu Actas de Marusia (1975), La viuda de Montiel (1979), Los náufragos (1994) e Tierra de Fuego (1999). Escribiu tamén as novelas El bandido de los ojos transparentes (1990) e El viajero de las cuatro estaciones (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lobios. Construíuse na metade do s XVII e foi consagrada en 1755. Dunha soa nave, ten torre barroca de planta cadrada, que se adianta á fachada principal e crea un pórtico de entrada. Diferéncianse nela tres corpos, dos que destaca a balaustrada que está decorada plenamente barroca así como a cúpula de remate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e conquistador. Concelleiro de Zumárraga (1526), marchou a América en 1528 e desempeñou diversos cargos na Casa de la Moneda en México. Posteriormente foi escribán maior (1551) e alcalde maior de Ciudad de México (1559). En 1564 encargouse da expedición para consolidar o dominio español nas illas. Foi gobernador e capitán xeneral de Filipinas e das Marianas. Introduciu o sistema de encomendas empregado en América e fomentou as relacións comerciais con China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Un dous representantes mais emblemáticos da pintura identitaria galega, foi un pintor singular e extraordinariamente prolífico que adicou a súa vida á proxección pictórica de Galicia e as súas xentes. Excepcionalmente dotado para a arte, sendo aínda un neno gañou pola súa técnica bolsas na Escola de Artes de A Coruña, e na senlleira Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e mais tarde ampliou estudos en Italia, Francia e Países Baixos. Durante a década dos 50 e 60 expuxo en numerosas ocasións en salas de Galicia, España, Portugal, Cuba… e todas as súas exposicións levaban o nome de Xentes e Cousas de Mar así como todos os títulos das súas obras eran en galego,algo pouco habitual nos pintores da época, e sempre o acompañou un abraiante éxito de crítica e público. Anque refuxia a asistencia a certames e premios en 1961 coma motivo da celebración da Feira do Mar, obtivo ou primeiro premio pola decoración mural do pavillón de Vigo, e unha primeira medalla co óleo “Os rapaces”....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi director artístico da Sociedad Literario-Musical Euterpe e colaborou no semanario Ecos del Eume, no que publicou versos humorísticos. Realizou un estudo completo da súa comarca, que foi aproveitado para os libros Historia de Puentedeume y su comarca e Pontedeume y la comarca. Postumamente, editouse Do tear esquecido (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de baloncesto. Xogou no OAR de Ferrol, do que foi adestrador. Gañou o campionato de España de 3ª (1978-1979) e seis edicións da Copa de Galicia. Xogou doce tempadas na ACB e foi internacional Sub 23.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi procurador da provincia de Filipinas e ministro do Real Hospital de San Lázaro. Escribiu Disposiciones para confesar y ayudar al bien morir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro. En 1751 substituíu a Pedro Martín Cermeño na planificación da Universitat de Cervera e foi enxeñeiro director en Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Especializouse na figura humana, na paisaxe e nas naturezas mortas, nunha estética impresionista.   Realizou diversas exposicións individuais e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Da súa obra destaca a Fachada de la catedral de Orense. Recibiu o Premio Nacional de Pintura al Aire Libre (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e químico. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (1984-1986) e gobernador civil de Pontevedra (1986-1987). Foi nomeado conselleiro de Traballo e Servicios Sociais da Xunta de Galicia (1987-1990) e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Traballou como redactor curricular para a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Vía Láctea e Bahía Edicións. Foi un activo colaborador do colectivo De Amor e Desamor, co que entrou en contacto en 1984. Participou en antoloxías e libros de autoría colectiva como Alén (1977), con X. R. Pena e P. Salinas, De Amor e desamor 1 (1984), De Amor e desamor 2 (1985) e Homenaxe a González Garcés (1991).   Como ensaísta publicou diversos traballos sobre autores galegos como Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, Manuel María (Edipo, 2003), Ramón Cabanillas e Antón Avilés de Taramancos, e os ensaios A mazá e a cinza. A poesía galega após 1976 (1991), estudo sobre a poesía galega contemporánea, e A escrita da terra (Premio Espiral Maior de Ensaio, 1998). Tamén participou na realización de guións para medios audiovisuais sobre Álvaro Cunqueiro (Don Cunqueiro ou O camiño da memória, 1991), Luís Pimentel e Eduardo Pondal, e escribiu o libro de poesías O whiskey na barrica (Premio Fiz Vergara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Antoni Maura i Montaner. Deputado por Alacant (1916), defendeu a política maurista. A Ditadura de Primo de Rivera modificou as súas convicións monárquicas e formou parte do primeiro comité revolucionario republicano (1930). Detido despois da sublevación de Jaca, foi ministro da Gobernación do goberno provisional da Segunda República Española, entre abril e outubro de 1931. Tivo que exiliarse durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Regresou en 1953 e escribiu Así cayó Alfonso XIII (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Coles. Construíuse en estilo románico arredor do s XII e tivo certa relación co mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, xa que a súa casa reitoral pertenceu a un pequeno convento dependente daquel. De planta única, conserva a fachada orixinal, cunha portada de tímpano liso, enmarcado por un arco de medio punto apuntado e varias arquivoltas que apoian sobre capiteis decorados con motivos vexetais. Na parte superior abriuse unha seteira e enriba un van en forma de óculo. Remata cunha espadana de dous vans que fai a función de campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha espada de prata, alta, atravesando coa punta un lunel do mesmo, acompañada de cinco flores de lis de ouro, tres colocadas en faixa en xefe e unha en cada flanco. Outra variante leva, en campo de goles, unha cruz recrucetada de prata e colocadas en orla, pero só nos flancos e na punta, as letras de sable “Crucem sectamur caetera ut lutum putamus”.

    VER O DETALLE DO TERMO